anastomose

anastomose

lat anastomōsis gr ἀ ναστόμωσις ‘embocadura’

Plural: anastomoses
  1. s f [ANAT ]

    Reunión de dous vasos ou nervios, directamente ou mediante un terceiro.

    1. s

      Comunicación artificial entre dous condutos orgánicos normalmente separados, con fins terapéuticos.

    2. anastomose porto-cava

      Comunicación de tipo terminal-lateral ou lateral-lateral entre as veas porta e cava que se efectúa para derivar o sangue da porta ao corazón, evitando o fígado, para diminuír a hipertensión portal nas enfermidades cirróticas e tratar a hemorraxia das varices esfáxicas.

  2. s f [XEOG ]

    Proceso polo que o curso dun río presenta unha serie de canles que se entrecruzan formando unha rede non xerarquizada, polo que se acaban formando ínsuas.