anel
lat anellu
-
s
m
-
Pequeno círculo de ouro, prata ou outros metais que se leva no dedo como adorno.
-
Aro pequeno que serve para soster algo.
-
-
s
m
Peza de ferro cuadrangular, cun gonzo que serve para subir e baixar a punta do arado e facer que se afunda máis na terra.
-
s
m
[ANAT ]
Cada un dos segmentos que compoñen o corpo dos anélidos e o esqueleto externo dos artrópodos.
-
s
m
-
Moldura que rodea os fustes das columnas.
-
Cornixa en que se apoia a cúpula.
-
-
s
m
[BOT ]
Aro que circunda o pé dalgunhas especies de fungos.
-
s
m
[ENX ]
Elemento básico do recheo dunha columna. A función dos aneis é proporcionar un recheo coas características desexadas de superficie específica, perda de carga e mollabilidade
-
s
m
[MAR ]
Argola empregada no aparello do cerco para poder pechar o cope.
-
s
m
[MAT ]
Estrutura alxébrica formada por un conxunto e dúas operacións, a adición e a multiplicación, que presentan as seguintes propiedades: a) a adición é conmutativa; b) a multiplicación é asociativa; c) a multiplicación é distributiva respecto á adición.
-
s
m
[QUÍM ]
Cadea pechada de átomos que pode estar formada por un número ilimitado de átomos. OBS: Tamén se denomina ciclo.
-
s
m
[TÉXT ]
Círculo de metal empregado para guiar o corredor nas máquinas continuas de fiar e de retorcer.
-
anel astronómico
[ASTRON ]
Tipo de astrolabio náutico simplificado.
-
anel central
[ARQUEOL ]
Elemento arquitectónico que aparece nalgunhas mámoas construído con pequenos bloques líticos que ocupan unha posición central no conxunto tumular.
-
anel conmutativo
[MAT ]
Anel en que a multiplicación é conmutativa.
-
anel de colisión
[FÍS ]
Acelerador de partículas en que se fan chocar moreas de partículas de sentidos contrarios.
-
anel esférico
[MAT ]
Sólido producido pola rotación dun segmento de círculo arredor dun diámetro deste círculo que non corta o segmento.
-
aneis de medra
[BOT ]
Aneis concéntricos, alternativamente claros e escuros, visibles nas seccións transversais dos troncos das árbores.
Sinónimos
Citas
- A marca que aparece no anel do cigarro é americana
- Apertamos ben o anel para que non saíse do sitio
- Desprendeuse a cortina por mor do anel que rompeu
- Ó romperse un dos aneis xa non puiden poñer a cadea no pescozo
- Regaleille antes da voda un anel de ouro con brillantes
Frases feitas
-
Caer os aneis. Non querer facer algo porque se considera humillante ou indigno. Ex: ¡Non che van caer os aneis por acompa