amortecedor -ra
-
adx
Que amortece.
-
s
m
[ENX ]
Dispositivo utilizado para evitar as perturbacións que se producen nas máquinas eléctricas sincrónicas por disimetrías magnéticas e eléctricas que distorsionan o campo magnético lonxitudinal.
-
s
m
[METROL ]
Dispositivo dun aparato de medición que evita que a agulla oscile arredor do seu punto de equilibrio.
-
amortecedor de suspensión
[ENX ]
Dispositivo mecánico que reduce progresivamente ata anular as oscilacións do sistema elástico de suspensión dun vehículo.
-
amortecedor electromagnético
[ENX ]
Tipo de amortecedor cun funcionamento baseado nas correntes de Foucault.
-
amortecedor torsional
[ENX ]
Dispositivo montado nun extremo do cegoñal dos motores de explosión para suprimir ou reducir as tensións que producen as vibracións torsionais.
-
solución amortecedora
[QUÍM ]
Solución en que o pH varía moi pouco por dilución ou por adición de cantidades moderadas de ácidos ou de bases.