andaluz -za

andaluz -za
Plural: andaluces Masculino: andaluz Masculino plural: andaluces Feminino: andaluza Feminino plural: andaluzas
  1. adx

    Relativo ou pertencente a Andalucía ou aos seus habitantes.

  2. s

    Natural ou habitante de Andalucía.

  3. s m [LING ]

    Dialecto do castelán.

  4. raza andaluza bovina [ZOOL ]

    Raza bovina integrada por animais de perfil cóncavo, do tipo ibérico; desta raza é o touro de lidia.

  5. raza andaluza cabalar [ZOOL ]

    Raza de cabalos integrada por animais de perfil lixeiramente convexo, de lombo arredondado e amplo, harmoniosos de proporcións e cadenciosos de movementos.