"Coll" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 732.

    1. Que selecciona ou serve para seleccionar.

    2. Conmutador do que van provistas diversas clases de aparatos e que permite escoller unha opción de funcionamento entre un certo número de posiblilidades.

    3. Conmutador provisto de contactos múltiples, empregado en telefonía automática.

    4. Conmutador que, nos radiorreceptores multibanda, permite elixir a banda de frecuencia en que se pode sintonizar unha emisora.

    5. Dispositivo dos receptores de televisión destinado a separar e sintonizar á vontade un determinado canal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Esparexer ou plantar as sementes dunha planta na terra preparada para recibila, para que naza nela aquela planta. Tm abs.

    2. Efectuar unha sementeira.

    3. Esparexer cousas coma se fosen sementes que se lanzan.

    4. Provocar que se orixine algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de sementar.

      1. Operación de espallar ou de plantar a semente dalgunha planta nunha terra convenientemente arada e fertilizada, de xeito que xermole.

      2. Tempo en que se fai esta operación.

    2. Técnica de laboratorio que consiste en depositar microorganismos nun medio de cultivo e nun ambiente adecuado para que poidan medrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pensamento dos teólogos dos ss V e VI que tentaron mitigar a doutrina da graza de santo Agostiño sostendo que a diferenza entre escolleitos e réprobos non depende da predestinación divina senón da vontade humana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que madura, se sementa ou se recolle máis tarde do normal.

    2. Que aparece despois do acostumado ou do momento preciso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fita estreita e moi longa de papel de cor, envolvida, que se desenvolve cando se lanza téndoa collida por un dos seus extremos.

    2. Silicato de magnesio hidratado, de cor verde, amarela ou gris, que cristaliza no sistema monoclínico e que se presenta en masas sen textura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento creado na segunda metade do s XIX por rabinos e pensadores xudeus da Europa oriental, encamiñado a reconstruír en Palestina unha patria xudía que acollese os xudeus de todo o mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito de ser algo ou alguén moi coñecido.

    2. Opinión que a xente ten formada sobre algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado fisiolóxico que constitúe o período de descanso do corpo e da mente, durante o que a consciencia e a vontade quedan suspendidas e as funcións orgánicas diminúen.

    2. Desexo ou necesidade de durmir.

    3. Enfermidade causada por algunhas especies de Trypanosoma e transmitida pola mosca tse-tse, que se caracteriza pola aparición de paroxismos febrís con erupcións cutáneas e  unha tendencia ao sono profundo e permanente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de sonoro.

    2. Calidade do son que é producido por un instrumento.

    3. Capacidade de algo para producir ou recoller un son.

    4. Trazo fonolóxico positivo que se caracteriza pola vibración das cordas vocais en calquera emisión fonemática.

    VER O DETALLE DO TERMO