selector
selector
Plural:
selectores
-
adx
Que selecciona ou serve para seleccionar.
-
s
m
[TECNOL ]
Conmutador do que van provistas diversas clases de aparatos e que permite escoller unha opción de funcionamento entre un certo número de posiblilidades.
-
s
m
[COMUN ]
Conmutador provisto de contactos múltiples, empregado en telefonía automática.
-
selector de bandas
[TECNOL ]
Conmutador que, nos radiorreceptores multibanda, permite elixir a banda de frecuencia en que se pode sintonizar unha emisora.
-
selector de canais
[COMUN ]
Dispositivo dos receptores de televisión destinado a separar e sintonizar á vontade un determinado canal.