sementeira

sementeira

semente

Plural: sementeiras
  1. s f

    Acción e efecto de sementar.

  2. s f
    1. Operación de espallar ou de plantar a semente dalgunha planta nunha terra convenientemente arada e fertilizada, de xeito que xermole.

    2. Tempo en que se fai esta operación.

  3. s f [MICROB ]

    Técnica de laboratorio que consiste en depositar microorganismos nun medio de cultivo e nun ambiente adecuado para que poidan medrar.

Refráns

  • Al/o ¿por que non fuches bol -Porque Nadal posto non me atopou.
  • Alá vai o serodio co temperán, mais non vai na palla nin no gran.
  • En maio millo sementado, cal enxoito, cal mollado.
  • Millo ralo na le ira e non no carro.
  • Navidade en venres, sementa onde puideres; Navidade en domingo, vende os bois e bótao en trigo.
  • No mes de Santos, a máis tardar, ponte a sementar.
  • No minguante da lúa non sementes cousa ningunha.
  • O alleiro seméntao en xaneiro.
  • O centeo basto na hucha e non no terreo.
  • O labrador cobizoso quere sementar en segando.
  • O que queira comer patacas polo san Xoan, bóteas canda o pan.
  • Quen queira ter pirixel todo o ano,seménteo no mes de maio.
  • Quen sementa en mala terra non espere gran colleita.
  • Quen sementa na culler, apaña na garfela.
  • Quen sementa no camiño sementa para o veciño.
  • Se a noite de Navidade fai escuro, sementa no terreo duro.
  • Se a noite de Navidade foi de luar, labra ben para sementar.
  • Se a noite de Navidade fore de escuro, sementa no terrón duro.
  • Se a noite de Navidade fose de escuro, sementa no terrón duro.
  • Se queres comer patacas por san Xoán, seméntaas canda o pan.
  • Sementa cedo e cría carneiros, que, para virche un malo, terás bos un cento.
  • Sementa cedo e poda tardeiro.
  • Sementa cedo e poda tardío, collerás pan e viño.
  • Sementa e cedo e poda máis, que se unha vez erras, cen acertarás.
  • Sementa o pirixel en maio e terás pirixel todo o ano.
  • Semente outro na terra estercada e ti na folgada.
  • Sementeira na semana de san Román, nin palla nin gran; e na de santa Baia, gran e máis palla.
  • Tantos allos perde o alleiro como días pasen de xaneiro.
  • Vai sementar cando sintas o cuco cucar e a ruliña rular.

Palabras veciñas

semental sementar semente sementeira sementeiro semestral semestre