sona
sona
Plural:
sonas
-
s
f
Feito de ser algo ou alguén moi coñecido.
-
s
f
Opinión que a xente ten formada sobre algo ou alguén.
Refráns
- A boa fama moito mal cobre.
- A carne de peito, moita sona e pouco proveito.
- A mala chaga sana e a mala sona mata.
- A mala fama mata.
- A mala fama roda coma a moeda e a boa na casa queda.
- Boa fama furto encobre.
- Co moito escoitar e co pouco falar, boa fama podes gañar.
- Colle boa fama e déitate a durmir.
- Colle son a e bótate a durmir.
- Colle sona e poderás deitarte.
- En mala hora nace quen mala fama cobra e por quitala non fai obra.
- En mala hora naceu quen mala fama colleu.
- Mal vai quen mala fama cobra.
- Mal vai quen mala sona colle.
- Non ten un máis sona cá que lle queren botar.
- O nome dura máis có home.
- O nome vai sempre di ante do home.
- Pola sona búscase a persoa.
- Quen ten boa fama tapa as súas faltas.
- Se cobraches mala fama, afánate por quitala.
- Uns tenen a fama e outros ao proveito.