sementar

sementar

semente

  1. v t

    Esparexer ou plantar as sementes dunha planta na terra preparada para recibila, para que naza nela aquela planta. Tm abs.

  2. v t

    Efectuar unha sementeira.

  3. v t

    Esparexer cousas coma se fosen sementes que se lanzan.

  4. v t

    Provocar que se orixine algunha cousa.

Sinónimos

Citas

  • Coas súas palabras só sementa a discordia
  • Hoxe sementou o millo, OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Esta semana sementamos
  • Sementaron a doutrina católica por onde pasaron, OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Os pais sementan e os fillos recollen
  • Sementaron o patio de pedras
  • Sementou as follas do seu diario polo cuarto
  • Sementou toda a veiga de millo

Refráns

  • Como sementares e estercares, así collerás cando segares.
  • Como sementedes, así colleredes.
  • Do que se sementa é do que se colleita.
  • Do que sementes collerás.
  • Gran debaixo do terrón, gran morto; e debaixo da pedra, torto.
  • O que ben sementa, ben colleita.
  • O que sementa e cóa, tanto gaña de noite como de día.
  • O que sementa sen semente, sega sen fouciño.
  • O que vi, ve da labranza vive de esperanza.
  • Quen sementa sega.
  • Sementa e cóa e terás alegría.
  • Sementa para coller e colle para sementar.
  • Tal como sementes, collerás.
  • Tal semente ira farás, cal sexa a semente que sementarás.
  • Tal sementeira, tal sega.
Conxugar
VERBO sementar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
semento
sementas
sementa
sementamos
sementades
sementan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sementaba
sementabas
sementaba
sementabamos
sementabades
sementaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sementei
sementaches
sementou
sementamos
sementastes
sementaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sementara
sementaras
sementara
sementaramos
sementarades
sementaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sementarei
sementarás
sementará
sementaremos
sementaredes
sementarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sementaría
sementarías
sementaría
sementariamos
sementariades
sementarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
semente
sementes
semente
sementemos
sementedes
sementen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sementase
sementases
sementase
sementasemos
sementasedes
sementasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sementar
sementares
sementar
sementarmos
sementardes
sementaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
sementa
-
-
sementade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sementar
sementares
sementar
sementarmos
sementardes
sementaren
Xerundio sementando
Participio sementado
sementada
sementados
sementadas