"Amil" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2655.

    1. Planta herbácea perenne, da familia das brasicáceas, que presenta follas imperipinnadas, flores de cor branca dispostas en acios e froito en silicua. Emprégase para combater as lombrigas e o escorbuto.

    2. Nome común co que se denominan as plantas dos xéneros Cardamine e Lepidium.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore, da familia das lauráceas, moi cultivada na maioría dos países cálidos polo seu froito.

    2. Froito tropical en baga da árbore do mesmo nome, de aspecto arredondado e unha polpa manteigosa que cobre unha única e gran carabuña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero carnívoro, da familia dos cánidos, de cor avermellada, co pelo e as patas moi longas e orellas grosas. Habita en Brasil, Paraguay e N de Arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ave de rapina que pertence principalmente aos xéneros Hieraetus Aquila, Haliaetus, Pithecophaga, Circaetus e Pandion. É de grandes dimensións, cun bico forte e curvado, a cabeza prominente e cuberta de plumas, coas patas curtas con plumas ata o comezo dos dedos, e as garras moi fortes. As ás son longas e voan a grande altura.

      2. Aguia da familia dos accipítridos, de plumaxe castaña e co píleo, a caluga e os ombreiros dun branco amarelado.

      3. Aguia da familia dos pandiónidos, de plumaxe contrastada entre a parte superior escura e a inferior branca. Na cabeza presenta unha pequena curupela e un anteface negro.

      4. Aguia da familia dos accipítridos, coa parte inferior da plumaxe escura nas ás e branca no peito.

      5. Aguia da familia dos accipítridos, de plumaxe escura con dourados na cabeza e na caluga.

    1. Denominación alquimista de diversas substancias, especialmente das sublimadas como o cloruro mercurioso ou o cloruro amónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barriña de metal ou doutra materia dura, acabada en punta.

      1. Barra pequena, fina e longa, normalmente de metal, rematada en punta nun extremo e cun burato no outro polo que se fai pasar o fío, usada para coser e bordar.

      2. Peza metálica alongada acabada en gancho e provista de medios para cerrar o que serve para formar a malla nas máquinas de fabricación de xéneros de punto.

      1. Peixe da familia dos belónidos, de corpo alongado e moderadamente comprimido, de cor prateada e verdosa no lombo, coas mandíbulas prolongadas nun bico agudo e dentado, as aletas dorsal e anal moi posteriores e a caudal en forma de furca pronunciada.

      2. Nome que reciben algunhas especies de peixes da familia dos singnátidos, de aspecto semellante ao cabaliño de mar pero co corpo estirado.

    2. Picor ou sabor acedo que teñen algúns viños, especialmente os novos

    3. Acabamento rematado en punta, cuberta cónica ou piramidal de gran pendente, nunha construción.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Roedor sudamericano dos xéneros Dasyprocta e Myoprocta que pertence á familia dos dasipróctidos. De pelame dourado a vermello, ten a cola e as orellas curtas, e extremidades longas que lle permiten o salto. Viven nos lindes das selvas alimentándose de raíces e grans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore caducifolia e xeralmente dióica, da familia das simarubáceas, de follas compostas con glándulas de cheiro desagradable, flores pequenas e verdosas e froitos alados dunha soa semente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás aizoáceas.

    2. Planta da familia das aizoáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas da superorde das cariofílidas á que pertence o xénero Carpobrotus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe semellante á sardiña, da familia dos clupeidos, cunha franxa dourada lonxitudinal a cada lado do corpo. Ten os opérculos lisos, á diferenza da sardiña, que os ten estriados.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Árbore de gran altura do xénero Populus, da familia das salicáceas, de follas anchas con longo pecíolo e flores laterais e colgantes. Ten madeira branca, lixeira e resistente á auga.

      2. Árbore da familia das salicáceas que ten as follas abrancazadas polo envés e a codia gris.

      3. lamigueiro.

    1. Madeira desta árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO