aguia

aguia

lat aquĭla

Plural: aguias
    1. s

      Ave de rapina que pertence principalmente aos xéneros Hieraetus Aquila, Haliaetus, Pithecophaga, Circaetus e Pandion. É de grandes dimensións, cun bico forte e curvado, a cabeza prominente e cuberta de plumas, coas patas curtas con plumas ata o comezo dos dedos, e as garras moi fortes. As ás son longas e voan a grande altura.

    2. aguia imperial [Aquila adalberti]

      Aguia da familia dos accipítridos, de plumaxe castaña e co píleo, a caluga e os ombreiros dun branco amarelado.

    3. aguia peixeira [Pandion haliaetus]

      Aguia da familia dos pandiónidos, de plumaxe contrastada entre a parte superior escura e a inferior branca. Na cabeza presenta unha pequena curupela e un anteface negro.

    4. aguia perdiceira [Hieraaetus fasciatus]

      Aguia da familia dos accipítridos, coa parte inferior da plumaxe escura nas ás e branca no peito.

    5. aguia real [Aquila chrysaetos]

      Aguia da familia dos accipítridos, de plumaxe escura con dourados na cabeza e na caluga.

  1. s f

    Denominación alquimista de diversas substancias, especialmente das sublimadas como o cloruro mercurioso ou o cloruro amónico.