"deus" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 448.

    1. Composto formado por hidróxeno e osíxeno que se atopa na natureza en forma de vapor, líquido ou sólido, e que constitúe, aproximadamente, unhas tres cuartas partes en peso da codia terrestre. Tamén forma parte dos tecidos de animais e plantas.

    2. Elemento líquido que chega das nubes en forma de chuvia.

    3. Cada unha das vertentes do tellado.

    4. O mesmo líquido cando ofrece algunha propiedade curativa e, por extensión, o lugar onde se poden beber ou bañarse nelas.

      1. Auga gasosa que contén disolto dióxido de carbono e ácido carbónico libre.

      2. Auga que contén gases na disolución.

      3. Auga de fonte que ten características especiais de composición que lle confiren certas propiedades terapéuticas.

      4. Auga apta para a alimentación ou para a preparación e elaboración de alimentos.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dereito e poder de rexer ou de dirixir.

      1. Poder regular exercido sobre unha ou varias colectividades de forma que reciban unha certa orde de subordinación e superordinación, así como un sistema de dereitos e deberes.

      2. Que admite a necesidade dunha autoridade soberana.

    2. Persoa investida de propiedades imperativas.

    3. Coñecemento que alguén ten sobre unha materia ou asunto, polo que a súa opinión prevalece sobre a dos demais.

    4. Persoa que domina unha certa materia ou asunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión de saúdo empregada polos romanos co sentido de ‘saúde, Deus te garde’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina de Averroes e dos seus partidarios, que fai referencia especialmente á súa interpretación de Aristóteles, e que afirma a creación eterna do mundo por parte de Deus, a existencia dunha xerarquía de intelixencias separadas e a teoría do intelecto axente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e resultado de axudar.

    2. O que permite alcanzar un obxectivo prefixado.

      1. Acción e efecto de prestar axuda ou socorro, contribución ou subsidio ao rei ou ao señor para sufragar as súas necesidades ou por causa de circunstancias especiais.

      2. Complemento en diñeiro que, ademais do soldo, se entregaba aos  que exercían un cargo.

    3. enema.

    4. Diñeiro que se entrega a funcionarios e algúns empregados para sufragar os gastos diarios ocasionados en desprazamentos, fóra do lugar de residencia, por razón do seu traballo.

    5. Bens de consumo, de equipo ou de capital cedidos polas organizacións de carácter internacional, polos organismos crediticios estatais ou polo sector privado, a un estado ou país coa finalidade de asegurar ou favorecer o seu desenvolvemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao deus Baco.

    2. Exaltación ou desenfreo na satisfacción dos desexos ou instintos sexuais.

    3. Ritual orxiástico que se celebraba en Roma en honor a Baco. OBS: Adoita escribirse en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de pasos ou saltos acompasados co ritmo da música.

    2. Festa en que se reúnen varias persoas e se baila.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bendición que, no Islam, Deus concede a determinados fieis virtuosos e que se manifesta por unha vida terreal e eterna favorables.

    2. Sorte ou situación favorable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Extremidade inferior da cara baixo o labio inferior.

    2. Pelo que crece na rexión da cara correspondente ao maxilar inferior no home adulto.

    3. Nas embarcacións de aparello latino, pequeno cabo co que se liga o carro ao rodamento de proa.

    4. Cada un dos filamentos paralelos e dispostos nun mesmo plano a un lado e outro das raques das plumas das aves.

    5. Cada un dos filamentos que prolongan o casulo do gran do trigo e doutros cereais.

      1. Pequena cantidade dunha capa de cor ou de tinta pictórica que sobresae do límite lineal prefixado.

      2. Acumulación de recubrimentos pictóricos formada tras a moldura ou dentro da xunta que queda entre a moldura e a superficie dun retablo se o marco forma conxunto coa táboa.

    6. Baba que presenta o bordo dunha peza fundida ou cuñada.

    7. Desfeito producido na preparación e na fiadura do estame.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Membro da clase sacerdotal que, entre os celtas, se encargaba de celebrar mediante composicións poéticas as fazañas de deuses e heroes, aconsellar aos xefes e arengar aos soldados antes da batalla.

    2. Poeta épico e lírico nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO