auga
lat aqua
-
s
f
[QUÍM ]
Composto formado por hidróxeno e osíxeno que se atopa na natureza en forma de vapor, líquido ou sólido, e que constitúe, aproximadamente, unhas tres cuartas partes en peso da codia terrestre. Tamén forma parte dos tecidos de animais e plantas.
-
s
f
Elemento líquido que chega das nubes en forma de chuvia.
-
s
f
Cada unha das vertentes do tellado.
-
s
f pl
O mesmo líquido cando ofrece algunha propiedade curativa e, por extensión, o lugar onde se poden beber ou bañarse nelas.
-
-
auga carbónica
Auga gasosa que contén disolto dióxido de carbono e ácido carbónico libre.
-
auga gasosa
Auga que contén gases na disolución.
-
auga mineral
Auga de fonte que ten características especiais de composición que lle confiren certas propiedades terapéuticas.
-
auga potable
Auga apta para a alimentación ou para a preparación e elaboración de alimentos.
-
auga carbónica
-
-
auga de imbibición
Auga que ocupa, nos organismos vivos, os espazos libres nos xeles de moléculas proteicas.
-
auga metabólica
Auga resultante dos procesos metabólicos.
-
auga de imbibición
-
-
augas fecais/negras
Augas residuais dunha poboación.
-
augas residuais
Augas que conteñen residuos procedentes da industria ou de núcleos de poboamento humano.
-
augas fecais/negras
-
-
augas internacionais
Espazos marítimos que non forman parte do mar territorial ou das augas interiores.
-
augas xurisdicionais
Antiga denominación de mar territorial ou espazo marítimo sometido á soberanía dun estado.
-
augas internacionais
-
-
auga albuminosa
Auga mesturada con claras de ovo, que se emprega como antídoto en intoxicacións por vía gástrica.
-
auga aromática destilada
Nome xenérico das solucións acuosas obtidas destilando con auga ou ao vapor certas plantas e flores.
-
auga branda
Denominación técnica da auga doce que contén en solución cantidades baixas ou nulas de ións, calcio, magnesio ou doutros metais pesados.
-
auga de colonia
Auga cun cheiro baseado, principalmente, en esencias de cítricos, utilizada como perfume e como cosmético.
-
auga de constitución
Auga que en proporción fixa vai unida directamente por enlace de coordinación ao átomo central do catión, ou ben unida por enlace hidróxeno ao anión ou a un coordinante do anión se este é complexo.
-
auga de cristalización
En sentido extenso, a totalidade da auga dos hidratos formados por evaporación ou arrefriamento de solucións acuosas.
-
auga de lavanda
Auga de olor a base de arzaia.
-
auga de rosas
Auga aromática destilada obtida a partir de rosas frescas.
-
auga destilada
Auga de pureza elevada, obtida a partir da auga natural por destilación.
-
auga dura
Denominación técnica dunha auga doce que contén en solución cantidades importantes de ións Ca 2+ ou Mg 2+ ou doutros metais pesados.
-
auga esterilizada
Auga liberada de toda clase de organismos vivos.
-
auga ferruxinosa
Auga que contén en solución compostos de ferro.
-
auga osixenada [H 2 O 2 ]
Peróxido de hidróxeno, de grande aplicación na industria téxtil, química e papeleira. Tamén se utiliza como antiséptico e desinfectante.
-
auga pesada
Cada unha das variedades isotópicas da auga, principalmente óxido de deuterio, formado por deuterio e osíxeno ordinario.
-
auga pícrica/auga amarela
Solución acuosa ao 0,5% de ácido pícrico. Pola súa acción cicatrizante emprégase contra as queimaduras.
-
auga rexia
Mestura fortemente oxidante dun volume de ácido nítrico e de 3 ou 4 volumes de ácido clorhídrico.
-
augas amoniacais
Solución acuosa obtida nas fábricas de gas que destilan hulla e nos fornos de coque, que contén amoníaco libre e sales amoniacais.
-
augas nais
Solución que queda en contacto cos cristais ao cristalizar unha substancia disolta.
-
auga albuminosa
-
-
auga bautismal
Auga preparada con óleo dos catecúmenos e crisma.
-
auga bendita
Auga preparada con sales que o sacerdote bendice na igrexa.
-
auga bautismal
-
-
augas continentais/doces
Augas que, procedentes das precipitacións atmosféricas, corren, quedan acumuladas na superficie dos continentes ou se filtran e pasan a ser subterráneas.
-
augas subterráneas
Augas que se atopan baixo a superficie da terra.
-
auga artesiana
Auga procedente dun pozo artesiano.
-
auga capilar
Parte da auga do solo mantida no seu lugar polas forzas capilares.
-
auga choca
Auga que está encorada e non se pode beber por atoparse en estado de descomposición.
-
auga de fusión
Auga resultante da fusión da neve ou do xeo.
-
auga de mar/salgada
Auga que contén diversos sales en solución e que forma os mares e os océanos.
-
auga de neve
Chuvia e neve miúdas mesturadas.
-
auga de retención
Auga que queda enerxicamente retida sobre as paredes dos capilares, unha vez absorbida toda a utilizable polas raíces.
-
auga freática
Auga subterránea da zona saturada que está sometida á presión atmosférica.
-
auga meteórica
Auga da atmosfera depositada na terra por efecto dos meteoros como a chuvia, a neve, a sarabia, o orballo e a xeada.
-
auga miúda
Chuvia fina.
-
auga termal
Auga que abrolla a temperatura superior á do ambiente con propiedades terapéuticas.
-
augas continentais/doces
-
auga chirla
Calquera caldo ou bebida sen forza nin substancia.
-
auga de València
Cóctel alcohólico obtido da mestura de viño espumoso con zume de laranxa.
Sinónimos
Citas
- Estas mazás teñen moita auga
- O vestido fai unhas augas pola parte de abaixo
Frases feitas
-
Afogarse en pouca auga. Ver grandes atrancos sen motivo.
-
Como auga abaixo/arriba. Que
-
Botar/verter augas. Mexar.
-
Caer unha zarapilda/unha zarracina de auga. Caer unha treboada.
-
Chover a Deus dar augas. Chover moito.
-
Claro como a auga. Que se imp
-
Coller auga cun/nun cesto/cribo/cunha criba. Facer algunha cousa en balde.
-
Como auga de maio. Que
-
Deixar correr a auga. Seguir unha opini
-
Escribir na auga. Realizar un labor in
-
Estar como peixe na auga. Estar c
-
Facer auga. Entrar auga nalgunha embarcaci
-
Facer unha raia na auga para que non se desfaga. Pretender unha cousa que non
-
Levar a auga os dentes. Estar moi fr
-
Navegar nas mesmas augas. Ter as mesmas ideas.
-
Nin auga. Indica carencia total.
-
Non dar unha sede de auga. Negar o auxilio a algu
-
Non haber nin cruz nin auga bieita. Lugar con xente non relixiosa.
-
Non mazca a auga.
-
Non merecer un vaso de auga. Non merecer nada.
-
Non ter para sal nin auga. Non ter cartos, estar na pobreza.
-
Quedar algunha cousa en augas de bacallao. Non resultar nada dalgunha acci
-
Querer o sol na porta e a auga na horta. Querer s
-
Remexerse na auga. Solucionar con audacia os problemas que van xurdindo.
-
Ser auga pasada. Dise das cousas que perderon importancia
-
Ser auga que dorme. Dise da persoa que ten mal xenio e non o aparenta.
-
Ser como auga corrente. Dise do que non
-
Ser un augas mornas. Ser desganado.
-
Vai tornar a auga. Dise cando algu
-
Vai tronar que fai falta auga. Dise cando algu
Refráns
- A auga corrente non mata a xente.
- A auga é menciña para aquel que é da vida.
- A auga enriba de mel sabe mal e fai ben.
- A auga fai a horta.
- A auga fai mal e o viño fai cantar.
- A auga fervida ten man da vida.
- A auga molla por onde pasa.
- A auga no forno tras da fariña vai.
- A auga non creba óso.
- A auga non emborracha nin enferma nin entrampa.
- A auga non empobrece nin envellece.
- A auga non enferma nin embebeda.
- A auga non ha ter olor nin cor nin sabor, para que, ao bebela, saiba mellor.
- A auga sen cor, sen sabor, sen olor e ha de ver o sol.
- Auga atoldada non fai espello.
- Auga boa non enferma nin estorba.
- Auga clara lava ben a cara.
- Auga cocida alonga a vida.
- Auga corrediza non leva malicia.
- Auga corren te merda non consente.
- Auga de candea a ninguén se nega.
- Auga e leña cada día veña.
- Auga emborcada, pouco aproveitada.
- Auga en "aúnas", ou moita ou ningunha.
- Auga limpa non lixa.
- Auga panada, feita e tomada.
- Auga parada está envelenada.
- Auga que corre non mata o home. ¡
- Auga que corre, nunca mal colle.
- Auga quente, saúde para o ventre.
- Auga, a da serra; sombra, a da pedra.
- Auga, da serra; pan, do que se malla na eira.
- Bebeu auga do xuncal: sóubolle ben e fíxolle mal.
- Ben boa é a auga que non custa nada e non emborracha.
- Boa é a auga, que cando hai sede dela custa pouco ou nada.
- Borracheira de auga non emborracha.
- Con auga, non hai terra mala.
- Non hai auga máis mala cá que dorme.
- O que a auga trae, a auga leva.
- O que con auga se cura, pouco dura.
- Quen con augas se cura, moito non dura.
- ¡Auga, auga: que se queima a fragua!
- ¡Auga, que arde a casa!