baile
baile
-
m
Conxunto de pasos ou saltos acompasados co ritmo da música.
-
m
Festa en que se reúnen varias persoas e se baila.
Refráns
- A danza sae da panza.
- Bailar ben e bailar mal, todo é bailar.
- Bailar sen son non é diversión.
- Bailaremos neste san Xoán, que para o que vén Deus sabe quen bailará.
- Na casa do tamborileiro todos saben ser danzantes.
- O que baila sen tanxer, ou é tolo ou quéreo ser.
- O que ten gana de bailar con pouco son bailará.
- Polo pan baila o can, para ver se llo dan.
- Quen ben baila, de voda en voda anda.
- Quen foi bailador de mozo, de vello inda lle dá un xeito / inda vai á rúa.
- Repenica de présa, meu tamborileiro, que bailar ben de présa, iso éche o que eu quero.
- Tanto bailei coa sobriña do cura, tanto bailei, que me deu quentura.
- Ti bailaches e eu bailei: ti como sabes e eu como sei.
- Xanporentrelas é tan peneireiro, que baila na punta dun agulleiro / dun pandeiro.