"Omo" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 5014.

    1. Conxunto de todas as modalidades fónicas da linguaxe, é dicir, a intensidade, o ton, a cantidade ou duración e o timbre dos sons.

      1. Indicación que establece o contraste acentual empregando como procedemento positivo a maior intensidade da sílaba acentuada.

      2. Signo escrito sobre unha vogal que pode marcar o acento de intensidade ou o timbre aberto ou pechado, ou para distinguir unha palabra doutra coa mesma grafía pero con significado diferente.

      3. Elemento articulatorio mediante o que se destaca unha sílaba que petence a unha palabra.

      4. Elemento que establece o contraste acentual empregando como procedemento positivo a maior lonxitude da sílaba acentuada.

    2. Conxunto de particulares inflexións que caracterizan a pronuncia propia dos habitantes dun país, rexión ou lugar.

    3. Argumento de intensidade dado a unha nota en relación ás outras para marcar o compás.

    4. Elemento constitutivo do verso que este, para ser harmonioso, leva en determinadas sílabas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que acepta. Tm s.

    2. Persoa á que se lle obriga a pagar como destinatario directo e debedor principal na aceptación dunha letra de cambio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tomar ou recibir voluntariamente algo que se lle ofrece a alguén.

    2. Considerar alguén algunha cousa como verdadeira ou válida.

    3. Soportar os efectos de algo aínda que estes sexan negativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Átomo trivalente que, nun semicondutor, vai incorporado como impureza capaz de recibir un electrón proveniente doutro átomo denominado doador.

    2. Substancia que, ao producirse a ruptura dun enlace heteroxeneamente, actúa como aceptante de electróns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer cortes ao redor do tronco dunha árbore para imposibilitar a circulación do zume e, como consecuencia, o seu agostamento.

    2. Cortar as pólas dunha árbore ou arbusto.

    3. Deter o crecemento de animais ou plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera dos compostos que resultan da reacción directa dos aldehidos ou cetonas con alcohois en presenza de catalizadores ácidos.

    2. Nome comercial do 1,1-dietoxietano, que deriva do acetaldehido e do etanol. Emprégase como disolvente en síntese orgánica e en perfumaría.

    3. Polímero constituído por acetais nos que o alcohol combinado cos aldehidos é alcohol polivinílico. Emprégase na industria dos plásticos, vernices e pinturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia cristalina, neutra e estable, non moi tóxica, derivada da anilina. Emprégase en medicina como analxésico e antipirético.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal ou éster do ácido acético que se emprega sobre todo na industria téxtil para a tinguidura e os estampados, para a impermeabilización e a ignifugación e como disolvente. O acetato máis importante é o acetato de vinilo, que se usa como materia prima para a fabricación de polímeros, como o acetato de polivinilo.

    2. acetobutirato de celulosa.

    3.   Éster acético da celulosa, e dos plásticos que derivan del, en que a esterificación é incompleta. Emprégase, sobre todo, na fabricación de fibras téxtiles.

    4. Polímero do acetato de vinilo. É unha resina con propiedades adhesivas que se emprega como cola para madeira e na obtención de coiro artificial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia cristalina que pertence ao grupo das sulfamidas. En medicina emprégase como diurético e no tratamento do glaucoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Complexo metálico da acetilacetona. Emprégase, principalmente, como catalizador e para metalizacións en fase vapor.

    VER O DETALLE DO TERMO