acetato

acetato

lat tardío acētātu p p de acētare ‘volverse acedo’

Plural: acetatos
  1. s m [QUÍM ]

    Calquera sal ou éster do ácido acético que se emprega sobre todo na industria téxtil para a tinguidura e os estampados, para a impermeabilización e a ignifugación e como disolvente. O acetato máis importante é o acetato de vinilo, que se usa como materia prima para a fabricación de polímeros, como o acetato de polivinilo.

  2. acetato butirato de celulosa [QUÍM/IND ]

    acetobutirato de celulosa.

  3. acetato de celulosa [QUÍM/IND ]

      Éster acético da celulosa, e dos plásticos que derivan del, en que a esterificación é incompleta. Emprégase, sobre todo, na fabricación de fibras téxtiles.

  4. acetato de polivinilo [QUÍM ]

    Polímero do acetato de vinilo. É unha resina con propiedades adhesivas que se emprega como cola para madeira e na obtención de coiro artificial.

Sinónimos