acetal

acetal

acet- + -al

Plural: acetais
  1. s m [QUÍM ]

    Calquera dos compostos que resultan da reacción directa dos aldehidos ou cetonas con alcohois en presenza de catalizadores ácidos.

  2. s m [QUÍM ]

    Nome comercial do 1,1-dietoxietano, que deriva do acetaldehido e do etanol. Emprégase como disolvente en síntese orgánica e en perfumaría.

  3. acetal polivinílico [QUÍM/IND ]

    Polímero constituído por acetais nos que o alcohol combinado cos aldehidos é alcohol polivinílico. Emprégase na industria dos plásticos, vernices e pinturas.