"Ife" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1964.

    1. Relativo ou pertencente á aerodinámica.

    2. Aplícase á forma afusada ou perfilada dun corpo que lle permite reducir a resistencia que o fluído no que se move opón ao seu desprazamento.

    3. Cavidade empregada para facer circular aire a diferentes velocidades, co fin de determinar os parámetros aerodinámicos dun corpo que se lle introduce.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Adaptar a hábitos diferentes. Tm v pron.

    2. Situarse en harmonía ou en sintonía con algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Manifestación de coñecemento ou de declaración de vontade formalizada nun documento  destinado a producir determinados efectos xurídicos.

    2. Documento que se daba co título de débeda pública, polo que os seus posuidores, sobre todo estranxeiros, polo que quedaban exonerados de pagar todo ou parte dos impostos que a súa posesión implicaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parentesco, proximidade ou achegamento entre cousas que concordan.

    2. Parentesco que, por consecuencia do matrimonio, se orixina entre cada cónxuxe e os parentes por consanguinidade do outro.

    3. Transformación do espazo afín en si mesmo, que fai corresponder liñas paralelas con liñas paralelas, puntos propios con puntos propios e non cambia o subespazo do infinito.

    4. Tendencia dunha mestura de substancias a reaccionar quimicamente. Mídese pola diminución da enerxía libre de Gibbs que provoca a reacción, a temperatura e a presión constantes.

    5. Atracción sexual existente entre dúas especies diferentes.

    6. Tendencia que manifesta un átomo a gañar electróns, medida pola enerxía da reacción.

    7. Afinidade entre dúas ou máis doenzas que poden coexistir ou sucederse debido a que unha facilita a aparición da outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Partícula engadida a unha palabra para compoñer un significado diferente, ben anteposta, prefixo, ben posposta, sufixo ou mesmo no interior da palabra, infixo ou interfixo.

      1. Número complexo que ten por compoñentes as coordenadas do punto: x + iy en referencia a un punto x, y.

      2. Punto que ten por coordenadas as compoñentes do número complexo, con respecto a un número complexo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano foliáceo propio dos fentos que nace na base da raque da fronde e ten unha forma diferente á das nervaduras primarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Erupción de aftas.

    2. Aftose xeneralizada na pel e nas mucosas de diferentes órganos. OBS: Tamén se denomina síndrome de Behçet.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de agarimar.

    2. Sentimento de amizade e tenrura que se manifesta cara a alguén.

    3. Elemento que gorece das malas condicións meteorolóxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de agregar ou agregarse.

    2. Unión histoxenética de células disociadas.

    3. Reunión de individuos dunha mesma especie nun territorio reducido.

    4. Conxunto de sons verticais que, a diferenza do acorde, non están suxeitos a leis harmónicas tradicionais.

    5. Unión ou agrupación de terreos.

    6. Unión dun municipio a outro co que fai linde na súa totalidade ou en parte.

    7. Fase da hemostasia consistente na aglomeración de plaquetas no foco da lesión vascular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. agregar.

    2. Funcionario adscrito a un posto ou praza do que non é titular.

    3. Profesor de bacharelato ou universitario de rango inmediatamente inferior ao de catedrático.

    4. Funcionario adscrito a unha función diplomática que desenvolve as funcións propias da súa especialidade.

    5. Conxunto de cousas homoxéneas que forman un corpo.

    6. Conxunto ou suma de diferentes cousas ou persoas.

    7. Material constituído pola mestura ou xustaposición macroscópica de dous ou máis compoñentes diferentes, que son esencialmente insolubles un no outro.

    8. Agregado en que os elementos reunidos son cristais de pequenas dimensións.

    9. Asociación de cristais segundo unhas determinadas liñas xeométricas de simetría.

    10. Persoa que serve na última categoría da carrreira diplomática.

    VER O DETALLE DO TERMO