afinidade

afinidade

lat affinĭtāte ‘veciñanza’

Plural: afinidades
  1. s f

    Parentesco, proximidade ou achegamento entre cousas que concordan.

  2. s f [DER ]

    Parentesco que, por consecuencia do matrimonio, se orixina entre cada cónxuxe e os parentes por consanguinidade do outro.

  3. s f [MAT ]

    Transformación do espazo afín en si mesmo, que fai corresponder liñas paralelas con liñas paralelas, puntos propios con puntos propios e non cambia o subespazo do infinito.

  4. s f [QUÍM/FÍS ]

    Tendencia dunha mestura de substancias a reaccionar quimicamente. Mídese pola diminución da enerxía libre de Gibbs que provoca a reacción, a temperatura e a presión constantes.

  5. afinidade biolóxica [BIOL ]

    Atracción sexual existente entre dúas especies diferentes.

  6. afinidade electrónica [FÍS/QUÍM ]

    Tendencia que manifesta un átomo a gañar electróns, medida pola enerxía da reacción.

  7. afinidade morbosa [PAT ]

    Afinidade entre dúas ou máis doenzas que poden coexistir ou sucederse debido a que unha facilita a aparición da outra.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A mula é o resultado da afinidade biolóxica entre o cabalo e o burro
  • Todas as especies dunha mesma familia presentan moita afinidade entre elas, Existe unha grande afinidade entre ambos estilos de música