agregado -da

agregado -da

agregar

Plural: agregados Masculino: agregado Masculino plural: agregados Feminino: agregada Feminino plural: agregadas
  1. p reg

    agregar.

  2. s

    Funcionario adscrito a un posto ou praza do que non é titular.

  3. s

    Profesor de bacharelato ou universitario de rango inmediatamente inferior ao de catedrático.

  4. s

    Funcionario adscrito a unha función diplomática que desenvolve as funcións propias da súa especialidade.

  5. s m

    Conxunto de cousas homoxéneas que forman un corpo.

  6. s m

    Conxunto ou suma de diferentes cousas ou persoas.

  7. s m [QUÍM ]

    Material constituído pola mestura ou xustaposición macroscópica de dous ou máis compoñentes diferentes, que son esencialmente insolubles un no outro.

  8. agregado cristalino [XEOL ]

    Agregado en que os elementos reunidos son cristais de pequenas dimensións.

  9. agregado cristalino regular [XEOL ]

    Asociación de cristais segundo unhas determinadas liñas xeométricas de simetría.

  10. agregado diplomático [POLÍT ]

    Persoa que serve na última categoría da carrreira diplomática.

Citas

  • A masa do albanel é un agregado de area, cemento e auga
  • Comezaron as prácticas un grupo de agregados da escola náutico-pesqueira
  • Hoxe dános clase o agregado de matemáticas
  • O agregado militar inglés visitou a Illa de Arousa
  • O agregado ten o rango inmediatamente inferior ao catedrático
  • Todos estes forman un agregado de problemas de física
  • Unha vez agregados os datos que faltaban, resolveu o problema

Palabras veciñas

agregábel agregable agregación agregado -da agregar agregativo -va agrego