agregación

agregación

agregar

Plural: agregacións
  1. s f

    Acción e efecto de agregar ou agregarse.

  2. s f [BIOL ]

    Unión histoxenética de células disociadas.

  3. s f [ECOL ]

    Reunión de individuos dunha mesma especie nun territorio reducido.

  4. s f [MÚS ]

    Conxunto de sons verticais que, a diferenza do acorde, non están suxeitos a leis harmónicas tradicionais.

  5. agregación de leiras [DER ]

    Unión ou agrupación de terreos.

  6. agregación de municipios [DER ]

    Unión dun municipio a outro co que fai linde na súa totalidade ou en parte.

  7. agregación plaquetaria [PAT ]

    Fase da hemostasia consistente na aglomeración de plaquetas no foco da lesión vascular.

Confrontacións

unión

Citas

  • A agregación posterior de probas deu lugar á súa condena