aerodinámico -ca

aerodinámico -ca
Plural: aerodinámicos Masculino: aerodinámico Masculino plural: aerodinámicos Feminino: aerodinámica Feminino plural: aerodinámicas
  1. adx

    Relativo ou pertencente á aerodinámica.

  2. adx [FÍS/TRANSP ]

    Aplícase á forma afusada ou perfilada dun corpo que lle permite reducir a resistencia que o fluído no que se move opón ao seu desprazamento.

  3. túnel aerodinámico [FÍS ]

    Cavidade empregada para facer circular aire a diferentes velocidades, co fin de determinar os parámetros aerodinámicos dun corpo que se lle introduce.