"Corpora" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 243.

      1. Sistema de distribución do tempo en grupos orixinados polas lunacións, os meses, as fases da Lúa, as semanas, e o movemento aparente do Sol, os anos. A unidade tomada como base é o día, determinado polo movemento diúrno aparente do Sol.

      2. Calendario creado en 1582 no que se engadiron dez días de súpeto co que se modificou o concepto de ano bisesto no novo calendario.

      3. Calendario que ten como base o fenómeno das lunacións. A duración da lunación varía de 29 días e 6 horas a 29 días e 20 horas.

      4. Calendario de uso obrigatorio en Francia desde 1793 ata 1806, no que o ano se iniciaba o 22 de setembro e estaba dividido en 12 meses de 30 días.

      5. Calendario que se sustenta no movemento do Sol arredor da Terra, no que as agrupacións principais son os anos e as estacións.

      6. Calendario creado no 45 a C que establece o concepto de ano bisesto e un ano civil de 365,25 días, dividido en doce meses.

      1. Táboa gráfica da sucesión dos días, os meses e as estación para cada ano, xeralmente coa indicación dos acontecementos civís ou relixiosos principais.

      2. Táboa de cómputo disposta de xeito que permite atopar o día da semana ou o día de calquera ano indefinidamente desde o establecemento do calendario xuliano.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Compartimento dunha casa, en especial o cuarto onde se dorme.

      2. Teito abovedado ou estancia cuberta por unha bóveda.

      1. Recinto ou oco que realiza unha función determinada.

      2. Local provisto de elementos de seguridade, que substitúen, nun establecemento bancario, á caixa forte.

      3. Espazo oco no interior dos muros que serve de illamento.

      4. Local hermeticamente fechado onde se inxectan gases tóxicos para asfixiar persoas ou animais.

      5. Compartimento de paredes termicamente illadas, mantido a baixa temperatura por medio dunha máquina frigorífica.

      6. Sala na que se vela o corpo dun defunto antes do enterro.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Peza de roupa que adoita abotoar por diante, de forma folgada e de manga curta, media ou longa.

      2. Peza de roupa resistente que abotoa ou ata por detrás, que se lles pon aos enfermos mentais para os suxeitar.

      1. Tubo de metal que forma o recubrimento interior do canón.

      2. Revestimento metálico que se coloca no interior dun espazo oco para aumentar a súa resistencia.

      3. Revestimento tubular disposto no interior do cilindro que fai de superficie para que escorregue o pistón.

    1. Cuberta corporal abandonada que conserva a forma do animal que a orixinou.

    2. Parte externa que reviste os legumes ou os froitos.

    3. Tecido que envolve o feto.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada unha das partes principais nas que se divide un escrito para acadar unha ordenación axeitada das materias ou temas tratados.

      2. Cada un dos apartados en que se divide algo.

      1. Asemblea periódica dos membros dunha catedral, colexiata ou mosteiro para certas prácticas de piedade ou para adoptar acordos de interese común.

      2. Reunión periódica de todos os superiores ou monxes, relixiosos ou cregos regulares dunha provincia ou de todo o mundo segundo os estatutos propios, destinada a deliberar e tomar acordos referentes ao total ou a unha parte da orde ou da congregación.

      3. Corporación formada polos cóengos como consello do bispo nas catedrais que ten tamén ao seu cargo, co auxilio dos beneficiados, a celebración solemne do oficio divino.

    1. Inflorescencia constituída por un receptáculo onde se insiren as flores.

    2. capitulacións matrimoniais.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Colocar mercadorías ou calquera obxecto sobre unha persoa, un animal ou un vehículo para o seu transporte.

      2. Encher un vehículo de obxectos ou mercadorías.

      1. Introducir nun instrumento unha carga para que funcione.

      2. Introducir pólvora, cartuchos ou calquera munición nunha arma de fogo.

      3. Colocar a película nunha cámara fotográfica ou cinematográfica.

      4. Almacenar un programa informático na memoria principal dun ordenador para poder executalo.

      5. Incorporar a un produto unha materia de carga.

      6. Subministrar electricidade a un condensador.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Construción que está destinada para a vivenda.

      2. Casa na que morreu algunha persoa e desde onde sae o enterro.

      3. Casa da parroquia destinada a vivenda do párroco.

      1. Edificio destinado a un uso público determinado ou a un uso privado que non sexa vivir nel.

      2. ceca.

      3. Establecemento onde se exerce a prostitución.

      4. Templo dedicado ao culto relixioso cristián.

      5. Establecemento no que, a cambio dun determinado prezo, se ofrece hospedaxe e, ás veces, tamén manutención. OBS: Tamén se denomina pousada.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema compacto de cinta magnética para gravar ou con son pregravado, que consiste nunha caixa de plástico que contén dúas bobinas nas que vai repartida a cinta.

    2. Magnetófono de cintas de casete que, segundo os modelos, leva incorporada unha radio.

    3. Caixa de plástico que contén unha cinta para o rexistro de datos. Durante algún tempo empregáronse os casetes para facer copias de seguridade de arquivos informáticos ou simplemente como disquetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado de parálise corporal de poucos minutos de duración.

    2. Síncope nerviosa que sofre un animal cando se ve sometido a unha situación extrema ou estresante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Igrexa principal dunha diocese, sé oficial do bispo e da corporación capitular. Nun sentido amplo, tamén comprende o conxunto de edificios dos arredores do templo, a miúdo unidos por un claustro.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que habita nas cavernas. Tm s.

      2. Aplícase aos tempos prehistóricos. Tm s.

      3. Aplícase ao animal que habita nas cavidades naturais e que posúe órganos visuais reducidos e carece de pigmentación corporal. Tm s.

    1. Que ten ideas reaccionarias ou retrógradas. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO