calendario

calendario

lat calendarĭu

Plural: calendarios
    1. s

      Sistema de distribución do tempo en grupos orixinados polas lunacións, os meses, as fases da Lúa, as semanas, e o movemento aparente do Sol, os anos. A unidade tomada como base é o día, determinado polo movemento diúrno aparente do Sol.

    2. calendario gregoriano

      Calendario creado en 1582 no que se engadiron dez días de súpeto co que se modificou o concepto de ano bisesto no novo calendario.

    3. calendario lunar

      Calendario que ten como base o fenómeno das lunacións. A duración da lunación varía de 29 días e 6 horas a 29 días e 20 horas.

    4. calendario republicano

      Calendario de uso obrigatorio en Francia desde 1793 ata 1806, no que o ano se iniciaba o 22 de setembro e estaba dividido en 12 meses de 30 días.

    5. calendario solar

      Calendario que se sustenta no movemento do Sol arredor da Terra, no que as agrupacións principais son os anos e as estacións.

    6. calendario xuliano

      Calendario creado no 45 a C que establece o concepto de ano bisesto e un ano civil de 365,25 días, dividido en doce meses.

    1. s

      Táboa gráfica da sucesión dos días, os meses e as estación para cada ano, xeralmente coa indicación dos acontecementos civís ou relixiosos principais.

    2. calendario perpetuo

      Táboa de cómputo disposta de xeito que permite atopar o día da semana ou o día de calquera ano indefinidamente desde o establecemento do calendario xuliano.

  1. s m

    Táboa ou catálogo, confeccionado polos organismos públicos competentes, que regula os acontecementos e as manifestacións dunha determinada profesión ou actividade durante o ano.

  2. calendario da flora [BOT ]

    Táboa das épocas do ano en que florean, nunha localidade determinada, unha serie de especies vexetais.

  3. calendario de actas [HIST ]

    Libro onde se inventariaban os documentos pertencentes a unha casa, unha familia ou a unha corporación.

Sinónimos

Citas

  • Comproba no calendario cándo hai lúa chea, O calendario ten unha foto moi bonita no mes de marzo

Palabras veciñas

calella calello calembur calendario calendas caléndula caleno -na