"Bida" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 464.

  • Ciencia dos arquivos, que contén as normas para a debida conservación e organización dos documentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto da documentación producida e recibida por un organismo público ou unha institución como resultado da súa actividade.

    2. Edificio ou local destinado a albergar e custodiar unha colección de documentos.

      1. Espazo da memoria dun ordenador destinado a almacenar información.

      2. Conxunto de datos estruturados que poden recuperarse facilmente e empregarse nunha aplicación determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Invadir impetuosamente un lugar, praza, fortaleza ou posición inimiga para conquistalo.

      2. Acometer repentinamente e por sorpresa a alguén ou algún sitio coa intención de roubar.

    1. Dirixirse a alguén insistentemente unha ou varias persoas con preguntas, rogos ou peticións.

    2. Sobrevir a alguén de súpeto un pensamento, unha idea ou unha dúbida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e resultado de ascender.

    2. Subida corporal de Cristo ao ceo desde o monte dos Olivos corenta días despois da Resurrección. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    3. Ascensión da auga profunda dun solo, que se produce en virtude das forzas físicas de capilaridade, a través dos poros finos do solo.

    4. Arco de ecuador celeste que comeza no primeiro punto de Aries e que vai ata o círculo horario do astro contrario ás agullas do reloxo, para un observador situado no hemisferio norte.

    5. Medida de tempo baseada no movemento da Terra respecto ás estrelas. OBS: Tamén se denomina hora sideral.

    6. Círculo horario definido no sistema de coordenadas ecuatoriais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer algunha cousa sobre a base, nunha posición estable.

    2. Anotar por escrito algunha cousa para que quede constancia dela.

    3. Incluír ou facer incluír o nome de alguén nalgún rexistro.

    4. Facer coincidir unha cousa con outra.

    5. Afiar ou suavizar o gume dun instrumento cortante.

    6. Dar firmeza a algunha cousa.

    7. Poñer en obra ladrillos ou perpiaños.

    8. Pór calquera pasta pitórica ou de cor enriba dun soporte mediante un pincel, unha espátula ou un rolo.

    9. Deixar apoiada algunha cousa con firmeza e seguridade.

    10. olverse clara unha bebida como o viño cando o pouso vai para o fondo.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea perenne da familia das asteráceas, de talos moi ramificados, con follas bipinnatisectas e con capítulos colgantes, dispostos en panículas, de flósculos amarelos. Emprégase como tónico estomacal e como vermífugo e con el elabórase o licor do mesmo nome.

    2. Bebida alcohólica, de 50 a 60 graos, de cor verde clara que se obtén por destilación da mestura da maceración das follas do asente con anís e outras herbas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de aseverar.

    2. Proposición na que se dá como certa unha cousa por oposición á dúbida ou á interrogación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de asimilar ou asimilarse.

    2. Proceso biolóxico de transformación das substancias incorporadas por un organismo en substancias constituíntes do mesmo.

    3. Proceso segundo o que un fonema exerce a súa influencia articulatoria e acústica sobre outro, invadíndoo parcial ou totalmente.

    4. Mecanismo de adaptación que consiste en acomodar unha situación a un esquema psíquico.

    5. Proceso polo que unha minoría inmigrada é absorbida pola sociedade que a recibiu.

    6. Proceso polo que un magma intruso, ascendendo, arranca e refunde materiais das paredes e das capas das rochas encaixadas, e modifícaas, consecuentemente, na súa composición. OBS: Tamén se denomina dixestión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imaxe asteriforme que aparece en cristais ou en láminas cristalinas talladas perpendicularmente ao eixe principal, debida á reflexión da luz nas estrías ou nas inclusións microscópicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composto formado por hidróxeno e osíxeno que se atopa na natureza en forma de vapor, líquido ou sólido, e que constitúe, aproximadamente, unhas tres cuartas partes en peso da codia terrestre. Tamén forma parte dos tecidos de animais e plantas.

    2. Elemento líquido que chega das nubes en forma de chuvia.

    3. Cada unha das vertentes do tellado.

    4. O mesmo líquido cando ofrece algunha propiedade curativa e, por extensión, o lugar onde se poden beber ou bañarse nelas.

      1. Auga gasosa que contén disolto dióxido de carbono e ácido carbónico libre.

      2. Auga que contén gases na disolución.

      3. Auga de fonte que ten características especiais de composición que lle confiren certas propiedades terapéuticas.

      4. Auga apta para a alimentación ou para a preparación e elaboración de alimentos.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO