asimilación
asimilación
asimilar
-
s
f
Acción e efecto de asimilar ou asimilarse.
-
s
f
[FISIOL ]
Proceso biolóxico de transformación das substancias incorporadas por un organismo en substancias constituíntes do mesmo.
-
s
f
[LING ]
Proceso segundo o que un fonema exerce a súa influencia articulatoria e acústica sobre outro, invadíndoo parcial ou totalmente.
-
s
f
[PSIC ]
Mecanismo de adaptación que consiste en acomodar unha situación a un esquema psíquico.
-
s
f
[SOCIOL ]
Proceso polo que unha minoría inmigrada é absorbida pola sociedade que a recibiu.
-
s
f
[XEOL ]
Proceso polo que un magma intruso, ascendendo, arranca e refunde materiais das paredes e das capas das rochas encaixadas, e modifícaas, consecuentemente, na súa composición. OBS: Tamén se denomina dixestión.
Citas
- A asimilación de costumes extranxeiros dáse frecuentemente entre os que viaxan moito