asteria

asteria

gr ἀ στ ή ρ ‘estrela’ + -ia

Plural: asterias
s f [FÍS ]

Imaxe asteriforme que aparece en cristais ou en láminas cristalinas talladas perpendicularmente ao eixe principal, debida á reflexión da luz nas estrías ou nas inclusións microscópicas.