asentar

asentar

lat *adsedentare

  1. v t

    Poñer algunha cousa sobre a base, nunha posición estable.

  2. v t

    Anotar por escrito algunha cousa para que quede constancia dela.

  3. v t

    Incluír ou facer incluír o nome de alguén nalgún rexistro.

  4. v t

    Facer coincidir unha cousa con outra.

  5. v t

    Afiar ou suavizar o gume dun instrumento cortante.

  6. v t

    Dar firmeza a algunha cousa.

  7. v t [CONSTR ]

    Poñer en obra ladrillos ou perpiaños.

  8. v t [PINT ]

    Pór calquera pasta pitórica ou de cor enriba dun soporte mediante un pincel, unha espátula ou un rolo.

  9. v i

    Deixar apoiada algunha cousa con firmeza e seguridade.

  10. v i

    olverse clara unha bebida como o viño cando o pouso vai para o fondo.

  11. v i

    Aproveitar ou non ao corpo algunha cousa.

  12. v i

    Quedar ben unha cousa en alguén.

  13. v pron

    Basearse nalgunha cousa.

  14. v pron

    Establecerse nunha poboación ou nun lugar.

  15. v pron

    Ter algunha cousa o seu fundamento noutra.

Sinónimos

Citas

  • A Colexiata do Sar aséntase en terreos moi firmes
  • A cor verde aséntache ben
  • Aínda non asentou a súa filla no rexistro civil
  • Asentei os comentarios que realizou na conferencia, Asentei os derradeiros datos do IVE do ano 1999 no libro de contas
  • Asentou a súa erudición con datos actualizados
  • Non sei se a mesa asentará ben no chan de pedra
  • O carniceiro asentou ben o coitelo para poder cortar as costeletas
  • O mecánico asenta todas as pezas do vehículo
  • O seu enfado aséntase en razóns ben sólidas, así que non tires máis del
  • O viño novo aínda non tivo tempo para asentar
  • Os licores aséntanme mal
  • Quero que asentes a estatua sobre o seu pedestal
  • Temos o albanel na casa asentando unha parede na adega
  • Tendes que seguir estudiando para asentar mellor os coñecementos

Frases feitas

  • Asentar a cabeza. Ter xu

  • Asentar as pedras. Colocalas correctamente.

  • Asentarlle a un as costuras/o pelo. Recibir un castigo ou pegarlle a algu

  • Asentarse o tempo. Cambiarse, o tempo, de tempestuoso, variable, en bo, fixo.

Conxugar
VERBO asentar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
asento
asentas
asenta
asentamos
asentades
asentan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
asentaba
asentabas
asentaba
asentabamos
asentabades
asentaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
asentei
asentaches
asentou
asentamos
asentastes
asentaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
asentara
asentaras
asentara
asentaramos
asentarades
asentaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
asentarei
asentarás
asentará
asentaremos
asentaredes
asentarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
asentaría
asentarías
asentaría
asentariamos
asentariades
asentarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
asente
asentes
asente
asentemos
asentedes
asenten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
asentase
asentases
asentase
asentasemos
asentasedes
asentasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
asentar
asentares
asentar
asentarmos
asentardes
asentaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
asenta
-
-
asentade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
asentar
asentares
asentar
asentarmos
asentardes
asentaren
Xerundio asentando
Participio asentado
asentada
asentados
asentadas