"Forman" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 633.

    1. Órgano mecánico constituído por unha ou máis pas de formas diversas, fixadas radialmente a un eixe motor, e que está destinado a converter, en interacción cun fluído, a forza mecánica de rotación en forza de translación no sentido do seu eixe.

    2. Dobramento semicircular que limita o pavillón da orella por adiante, por arriba e por detrás.

    3. oluta do capitel corintio.

    4. Modelo que trata de explicar a disposición espacial dunha molécula de ácido desoxirribonucleico segundo o que a molécula de DNA se dispón nunha hélice de dúas febras con xiro á dereita, que se forman pola unión covalente de miles de desoxirribonucleótidos, e que se dispoñen de forma antiparalela e se unen por pontes de hidróxeno que se establecen de xeito específico entre as bases.

    5. α

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inflamación da pel causada por un virus de DNA do grupo Herpesvirus, integrada por moitas bochas transparentes que ao secar forman unha carapola. É a máis frecuente das infeccións cutáneas virais. O herpes simple ou labial chámase popularmente pansa. O herpes zóster, ou zona, é imputable ao mesmo virus ca a varicela e produce unha erupción cutánea que segue o traxecto do tronco nervioso que corresponde ao ganglio invadido. O herpes xenital é quizais a enfermidade de transmisión sexual máis contaxiosa.

    2. Nome que se aplica a diversas dermatoses, especialmente ao eccema papuloso ou eccema crónico circunscrito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á heterólise.

    2. Reacción na que o par de electróns que forman un enlace permanecen sobre un dos fragmentos que se producen, mentres que sobre o outro fragmento aparece un oco electrónico. Esta ruptura proporciona ións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fenómeno polo que palabras procedentes de étimos diferentes forman un grupo de gran proximidade semántica.

    2. Uso que fai un autor dun heterónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substancia que contén moléculas de auga que forman parte da súa composición química, xa sexa porque están ligadas ao composto anhidro, ou porque ocupan baleiros na rede cristalina.

    2. glícido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos xacementos de orixe hidrotermal que se forman a alta temperatura (entre 300° e 500°C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fecundación sexual que consiste na conxugación de dous gametos similares ás células somáticas ou de dous individuos que se tranforman en gametos, uníndose para formar o cigoto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome común do xénero de primates antropoides que comprende aos seres humanos actuais (Homo sapiens sapiens) e ás figuras fósiles consideradas como as  ideais de transición no proceso da hominización.

      1. Individuo da especie humana de sexo masculino.

      2. Persoa adulta de sexo masculino.

      3. Persoa do sexo masculino considerada como posuidora de calidades e defectos que se supoñen propios do seu sexo.

      4. Persoa do sexo masculino considerada formando parte dun grupo de persoas.

    2. Persoa do sexo masculino que é subordinada dunha autoridade.

    3. Marido ou compañeiro dunha muller.

    4. Personaxe de carácter maligno e xerador de medo infantil que asusta os rapaces ameazándoos con levalos metidos dentro dun saco.

    5. lobishome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao composto cíclico en que todos os átomos que forman o anel son idénticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de illar ou illarse.

    2. Situación en que se encontra algo ou alguén que está illado.

      1. Conxunto de elementos que contribúen a illar.

      2. Illamento que se destina a evitar o paso de sons entre ambientes veciños. A propagación diminúe cando se efectúa con materiais de elasticidade diferente como son o aire e a retícula de material esponxoso.

      3. Illamento que se destina a frear o paso de calor a través dos peches dun edificio para facilitar a conservación da súa temperatura interior.

    3. Fenómeno que consiste na imposibilidade de hibridación entre dúas poboacións da mesma especie de organismos ocasionada por barreiras de diversa natureza, como obstáculos xeográficos que separen as dúas poboacións, que a maduración sexual sexa en épocas distintas, ou diferenzas de comportamento.

      1. Incomunicación entre dous condutores de maneira que non poida haber paso de corrente dun a outro.

      2. Conxunto dos illantes que forman parte dun aparato ou máquina para illar os seus condutores.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO