illamento

illamento

1 illar

Plural: illamentos
  1. s m

    Acción e efecto de illar ou illarse.

  2. s m

    Situación en que se encontra algo ou alguén que está illado.

    1. s

      Conxunto de elementos que contribúen a illar.

    2. illamento acústico

      Illamento que se destina a evitar o paso de sons entre ambientes veciños. A propagación diminúe cando se efectúa con materiais de elasticidade diferente como son o aire e a retícula de material esponxoso.

    3. illamento térmico

      Illamento que se destina a frear o paso de calor a través dos peches dun edificio para facilitar a conservación da súa temperatura interior.

  3. s m [XEN ]

    Fenómeno que consiste na imposibilidade de hibridación entre dúas poboacións da mesma especie de organismos ocasionada por barreiras de diversa natureza, como obstáculos xeográficos que separen as dúas poboacións, que a maduración sexual sexa en épocas distintas, ou diferenzas de comportamento.

  4. s m
    1. Incomunicación entre dous condutores de maneira que non poida haber paso de corrente dun a outro.

    2. Conxunto dos illantes que forman parte dun aparato ou máquina para illar os seus condutores.

    3. Conxunto das propiedades adquiridas por un condutor illante.

  5. s m [MED/PAT ]

    Reclusión dun individuo en si mesmo, que conleva unha incomunicación practicamente total cos outros.

  6. s m [MED ]

    Acción de illar determinados enfermos durante o período contaxioso da enfermidade para evitar o contaxio.

  7. cura de illamento [MED/PAT ]

    Medida terapéutica que consiste en illar o enfermo internándoo nun establecemento adecuado.

  8. illamento directo [MICROB ]

    Método que consiste en separar dun inóculo polimicrobiano certas especies bacterianas e deixalas crecer libremente nun medio sólido.

Citas

  • O illamento do lugar favorece o mantemento dos seus costumes

Palabras veciñas

illable illado -da illador -ra illamento illana illante illar