herpes
herpes
Plural:
herpeses
-
s
m
[PAT ]
Inflamación da pel causada por un virus de DNA do grupo Herpesvirus, integrada por moitas bochas transparentes que ao secar forman unha carapola. É a máis frecuente das infeccións cutáneas virais. O herpes simple ou labial chámase popularmente pansa. O herpes zóster, ou zona, é imputable ao mesmo virus ca a varicela e produce unha erupción cutánea que segue o traxecto do tronco nervioso que corresponde ao ganglio invadido. O herpes xenital é quizais a enfermidade de transmisión sexual máis contaxiosa.
-
s
m
[PAT ]
Nome que se aplica a diversas dermatoses, especialmente ao eccema papuloso ou eccema crónico circunscrito.