home

home

lat homĭne

Plural: homes
  1. s m [ANTROP ]

    Nome común do xénero de primates antropoides que comprende aos seres humanos actuais (Homo sapiens sapiens) e ás figuras fósiles consideradas como as  ideais de transición no proceso da hominización.

  2. s m
    1. Individuo da especie humana de sexo masculino.

    2. Persoa adulta de sexo masculino.

    3. Persoa do sexo masculino considerada como posuidora de calidades e defectos que se supoñen propios do seu sexo.

    4. Persoa do sexo masculino considerada formando parte dun grupo de persoas.

  3. s m

    Persoa do sexo masculino que é subordinada dunha autoridade.

  4. s m

    Marido ou compañeiro dunha muller.

  5. home do saco [ETN ]

    Personaxe de carácter maligno e xerador de medo infantil que asusta os rapaces ameazándoos con levalos metidos dentro dun saco.

  6. home lobo [ETN ]

    lobishome.

Citas

  • Casou cun home de letras, É un home de mar
  • Chegou do norte o coronel e os seus homes
  • Haiche que ser ben home para soportar esa carga
  • O teu fillo xa é todo un home
  • Os homes e as mulleres son iguais perante a lei
  • Xoana ten o home enfermo

Frases feitas

  • 2 Expresi

  • De home a home. Dicir algo de igual a igual e con sinceridade.

  • Home andado. Home que se aproxima

  • Home morto non fai guerra. Expresi

  • ¡Home claro! Por suposto.

  • Home de mundo. Home experimentado en moitos

  • Home de negocios. Home que ten como actividade profesional os grandes negocios.

  • Home de palabra. Home que cumpre o prometido e do que un se pode fiar.

  • Non ser home de. Non ser amigo do que se expresa. Ex: Non lle fagades iso, que non

  • Non ser morte de home. Apl

  • Ser home a/de/para. Ser quen de levar a cabo algo. Ex: Non es home a dicirllo. OBS: Normalmente empr

  • ¡Home! 1 Por suposto.

  • ¡Pobre home! Expresi

Formas incorrectas

varón (do sexo masculino)

Refráns

  • A cabeza da muller é o home.
  • A casa é para a muller e a rúa para o home.
  • A filla dala a quen a pida; o fillo hase mirar a quen se ha de dar.
  • A home frouxo, bebida forte.
  • A muller e a esca, na faldriqueira.
  • A muller é a metade do home.
  • A muller ha de falar cando a galiña queira mexar.
  • A muller só manda na cociña.
  • A muller, se é fermosa, gustarache; se é fea, can: sarate; se é pobre, animarate; e, se é rica, mangonearate.
  • A recho mozo, asento cordo.
  • Cada bome ten o seu nome.
  • Cada home tén o seu home.
  • Cando a casa cheira a home ¿quen dirá que a casa é pobre?
  • Cando a galiña pica no galo ¡malo, malo! e cando o galo pica na galiña ¡aínda, aínda!
  • Casa a túa filla como poideres e o teu fillo como quixeres.
  • De san Xoán, Santiago e agosto, mulleres, non son voso; dende nadal a marzo estarei ao voso lado.
  • Dous Pedros e un Xan fan un home cabal.
  • Home sen muller home non é.
  • Homes bos e picheles de viño amainan o ruído.
  • Mozas, cantá e bailá, que eu. ¡xa, xa!
  • O home gaña a facenda e a muller consérvaa.
  • O home, na praza; a muller, na casa.
  • O home, que faga un cento; a muller, que non a toque o vento.
  • O máis grande inimigo do home foi sempre o home.
  • O que non sirva para galo, que non aprenda a cantar.
  • Onde hai galo non canta galiña, senón que o galo teña a morriña.
  • Quen máis non pode, coa súa muller se deita.
  • Ti dona e eu dona ¿quen botará o porco fóra?
  • Tres fillas e unha nai, catro diaños para un pai.
  • ¡Léveme Deus ao mesón onde mande o mesoneiro e a mesoneira non!