"DOM" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 774.

    1. Relativo ou pertencente aos esfécidos.

    2. Insecto da familia dos esfécidos.

    3. Familia de insectos, da orde dos himenópteros, que presentan unha cabeza relativamente grande, antenas longas e delgadas, coas mandíbulas aptas para cortar e agarrar as presas, e o resto das pezas bucais adaptadas para zugar; ten o tórax groso, e o abdome coloreado, apuntado no extremo, onde se sitúa o aguillón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trastorno en que os eritrocitos adquiren forma de esferocito.

    2. Enfermidade hereditaria, de carácter dominante, que acostuma manifestarse na infancia, aínda que tamén pode aparecer en idades máis avanzadas, e que se caracteriza por unha anemia hemolítica con ictericia e esplenomegalia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación herbácea xerofítica en que predomina o esparto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea perenne do xénero Stipa, da familia das poáceas. As follas son ríxidas, lineais e enroladas, co extremo punzante e a marxe cuberta de pelos. Forma moutas densas e duras que poden dominar certas paisaxes áridas. As inflorescencias son panículas, estreitas e densas, de cor amarelenta, que presentan unha única flor hermafrodita por espiguiña. A especie máis importante é Stipa tenacissima, que non é apta para a alimentación do gando pero da que tradicionalmente se usan as follas como importante fibra téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos grupos que resultan de repartir os elementos dun conxunto reunindo aqueles que teñen características comúns.

      1. Unidade taxonómica (taxon) fundamental no estudo da diversidade dos seres vivos (sistemática) e base da súa clasificación (taxonomía). O criterio xenético para distinguir dúas especies diferentes baséase na esterilidade entre eles ou na dos híbridos resultantes do seu cruzamento. Concrétase cada especie por medio dunha descrición que se publica e que corresponde a un exemplar conservado que vai constituír o tipus; a este dáselle un nome segundo a nomenclatura binaria proposta por Linné.

      2. exetal cun proceso de evolución en que influíron os seres humanos para satisfacer as súas propias necesidades.

      3. Animal cun proceso de evolución en que influíron os seres humanos para satisfacer as súas propias necesidades.

      4. Especie que conta con poucos individuos e que sofre algúns factores que a fan propensa a desaparecer.

      5. Especie cun rango de distribución xeográfica reducido en comparación con especies semellantes.

      6. Especie allea a un determinado país ou rexión xeográfica, que no seu lugar de orixe foi silvestre ou doméstica e que na nova área mantense en estado de cativerio ou semicativerio.

      7. Especie que, de xeito natural, sen intervención humana coñecida, está presente nun territorio.

    2. Imaxe mental da aparencia sensible das cousas.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. isión ou imaxe irreal que alguén ve ou ten na súa imaxinación e que, polo xeral, produce moito medo.

      2. Imaxe dunha persoa morta que se lle aparece a alguén.

    1. Persoa extremadamente delgada debido a unha enfermidade ou outra causa.

      1. Conxunto de compoñentes elementais que forman unha entidade complexa.

      2. Representación gráfica das intensidades dos compoñentes elementais que forma unha entidade complexa en función dunha magnitude periódica ou non periódica.

      3. Conxunto de frecuencias, lonxitudes de onda, números de onda ou enerxías, das compoñentes monocromáticas dunha onda composta.

      4. Conxunto das ondas sonoras, de frecuencias ben definidas, que compoñen por superposición un son.

      5. Espectro da radiación electromagnética emitida ou absorbida por unha substancia como consecuencia das transicións dos electróns entre os niveis enerxéticos dos seus átomos. Pode ser, xa que logo, de emisión ou de absorción. Distínguese entre espectro óptico, se os niveis enerxéticos implicados son os exteriores do átomo, e espectro X, se interveñen niveis máis profundos.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sentimento ou estado de ánimo que fai crer que se pode conseguir ou realizar algo que se de-sexa.

    2. Persoa ou cousa en que alguén confía para conseguir algo.

      1. Ganancia media por xogada, nun xogo de azar.

      2. alor medio que pode tomar unha variable aleatoria X definida nun espazo de probabilidade.

    3. Estimación do número de anos que pode esperar vivir unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome que recibe calquera animal pertencente ao subtipo dos poríferos.

      1. Masa porosa e elástica de fibras córneas entrelazadas que forma o esqueleto interno dos poríferos. Ten a propiedade de absorber a auga e deixala ir facilmente ao exercer unha presión sobre ela.

      2. Peza de substancia esponxosa artificial que se emprega na hixiene humana e para a limpeza doméstica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que evita o trato cos demais.

    2. Aplícase ao animal que evita o trato co home ou que non está domesticado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos estafilínidos.

    2. Insecto da familia dos estafilínidos.

    3. Familia de coleópteros, delgados e cilíndricos, con élitros curtos, abdome flexible e antenas sinxelas. A maioría das especies son nocturnas e atópanse en hábitats húmidos.

    VER O DETALLE DO TERMO