espectro

espectro

lat spectru ‘imaxe’

Plural: espectros
  1. s m
    1. isión ou imaxe irreal que alguén ve ou ten na súa imaxinación e que, polo xeral, produce moito medo.

    2. Imaxe dunha persoa morta que se lle aparece a alguén.

  2. s m

    Persoa extremadamente delgada debido a unha enfermidade ou outra causa.

    1. s [FÍS ]

      Conxunto de compoñentes elementais que forman unha entidade complexa.

    2. s [FÍS ]

      Representación gráfica das intensidades dos compoñentes elementais que forma unha entidade complexa en función dunha magnitude periódica ou non periódica.

    3. s [FÍS ]

      Conxunto de frecuencias, lonxitudes de onda, números de onda ou enerxías, das compoñentes monocromáticas dunha onda composta.

    4. espectro acústico [FÍS ]

      Conxunto das ondas sonoras, de frecuencias ben definidas, que compoñen por superposición un son.

    5. espectro atómico [FÍS ]

      Espectro da radiación electromagnética emitida ou absorbida por unha substancia como consecuencia das transicións dos electróns entre os niveis enerxéticos dos seus átomos. Pode ser, xa que logo, de emisión ou de absorción. Distínguese entre espectro óptico, se os niveis enerxéticos implicados son os exteriores do átomo, e espectro X, se interveñen niveis máis profundos.

    6. espectro de masas [FÍS ]

      Imaxe obtida nun espectrómetro de masa.

    7. espectro de rotación [FÍS ]

      Espectro molecular que resulta de transicións entre os estados de rotación das moléculas dunha substancia.

    8. espectro de vibración [FÍS ]

      Espectro molecular que resulta de transicións entre os estados de vibración das moléculas dunha substancia.

    9. espectro eléctrico/electrostático [FÍS ]

      Figura que visualiza as liñas de campo dun campo eléctrico.

    10. espectro electromagnético [FÍS ]

      Conxunto de todas as ondas electromagnéticas coñecidas. Estas clasifícanse en función da súa lonxitude de onda, frecuencia, número de onda ou enerxía, e forman un espectro continuo. O espectro electromagnético está dividido, por convenio, en diferentes dominios espectrais ou bandas; emprégase xeralmente unha división formada polo espectro visible, o infravermello, o ultravioleta, o hertziano, o de raios X e o de raios gamma. O espectro dunha radiación electromagnética está composto por un conxunto de ondas do espectro electromagnético.

    11. espectro electrónico [FÍS ]

      Espectro atómico ou molecular que resulta de transicións entre os niveis electrónicos dos átomos ou das moléculas, respectivamente, dunha substancia.

    12. espectro molecular [FÍS ]

      Espectro da radiación electromagnética emitida, absorbida ou difundida por unha substancia como consecuencia de transicións entre os niveis enerxéticos das súas moléculas. Pódense distinguir tres compoñentes: o espectro de rotación, o espectro de vibración e o espectro electrónico.

    13. espectro óptico [FÍS ]

      Espectro dunha radiación electromagnética contida no espectro visible.

    14. espectro solar [ASTRON ]

      Espectro da radiación electromagnética emitida polo Sol.

  3. s m [MICROB ]

    Conxunto de bacterias sobre as que un antibiótico ten unha acción bacteriostática ou bactericida.

  4. espectro aerodinámico [FÍS ]

    Figura que evidencia as liñas de corrente dun fluído e que se obtén mediante substancias marcadoras introducidas no fluído ou mediante técnicas estrioscópicas ou interferométricas.

  5. espectro biolóxico/etolóxico [BOT/XEOG ]

    Conxunto das porcentaxes de cada unha das formas biolóxicas ou etolóxicas que interveñen na composición da flora dunha determinada rexión ou localidade.

Sinónimos

Citas

  • Non podía durmir porque se sentía vixiado polos espectros
  • O país intenta saír adiante, fuxindo do espectro da guerra
  • Pola noite apareceulle o espectro do home que morrera hai anos naquela casa
  • Só quedaba o espectro daquela repoluda moza