esperanza

esperanza

esperar

Plural: esperanzas
  1. s f

    Sentimento ou estado de ánimo que fai crer que se pode conseguir ou realizar algo que se de-sexa.

  2. s f

    Persoa ou cousa en que alguén confía para conseguir algo.

    1. s

      Ganancia media por xogada, nun xogo de azar.

    2. esperanza matemática

      alor medio que pode tomar unha variable aleatoria X definida nun espazo de probabilidade.

  3. esperanza de vida [DEMOG ]

    Estimación do número de anos que pode esperar vivir unha persoa.

Citas

  • Aínda teño esperanza de poder falar con ela, OBS: Pode adquirir un valor impersoal, Non hai moitas esperanzas de paz
  • Esa vacina é a súa última esperanza para curarse

Refráns

  • A esperanza longa o corazón acora.
  • A esperanza non enche a panza.
  • A pedra veña xa, que a auga xa virá.
  • A quen pode esperar, todo lle chega a tempo e vontá.
  • Algún día será a festa da nosa aldea.
  • Algún día será domingo e martes de Entroido.
  • Algún día será festa e non irán todos a ela.
  • Algún día será festa e será Pascua.
  • Ata a morte todo é vida.
  • Coa esperanza non se come nin se vive.
  • Despois da tormenta sempre a bonanza chega.
  • Detrás do pouco vén o moito.
  • Día virá que teña peras o meu peral.
  • Esperanza que me consola, que non morra.
  • Mal trae ben.
  • Non pode se-lo corvo máis negro cás ás.
  • Ó que boa a espera, boa lle vén.
  • Quen espera a man allea, mal xanta e peor cea.
  • Se unha porta se pecha, cen se abren.
  • Todo se andará, se o pan non se acaba.