especie
lat specĭe
-
s
f
Cada un dos grupos que resultan de repartir os elementos dun conxunto reunindo aqueles que teñen características comúns.
-
-
s
Unidade taxonómica (taxon) fundamental no estudo da diversidade dos seres vivos (sistemática) e base da súa clasificación (taxonomía). O criterio xenético para distinguir dúas especies diferentes baséase na esterilidade entre eles ou na dos híbridos resultantes do seu cruzamento. Concrétase cada especie por medio dunha descrición que se publica e que corresponde a un exemplar conservado que vai constituír o tipus; a este dáselle un nome segundo a nomenclatura binaria proposta por Linné.
-
especie cultivada
exetal cun proceso de evolución en que influíron os seres humanos para satisfacer as súas propias necesidades.
-
especie domesticada
Animal cun proceso de evolución en que influíron os seres humanos para satisfacer as súas propias necesidades.
-
especie en perigo de extinción
Especie que conta con poucos individuos e que sofre algúns factores que a fan propensa a desaparecer.
-
especie endémica
Especie cun rango de distribución xeográfica reducido en comparación con especies semellantes.
-
especie introducida/exótica
Especie allea a un determinado país ou rexión xeográfica, que no seu lugar de orixe foi silvestre ou doméstica e que na nova área mantense en estado de cativerio ou semicativerio.
-
especie nativa
Especie que, de xeito natural, sen intervención humana coñecida, está presente nun territorio.
-
s
-
s
f
[FILOS ]
Imaxe mental da aparencia sensible das cousas.
-
s
f
[RELIX ]
Aparencia do pan e do viño na eucaristía.
-
especie mineral
[XEOL ]
Unidade básica da mineraloxía sistemática, natural e homoxénea, de orixe inorgánica que ten propiedades físicas características; a súa composición química está definida dentro duns certos límites e ten normalmente estrutura cristalina.
-
especie química
[QUÍM ]
Conxunto de corpos que, malia ter a mesma composición química, se diferencian entre eles polo feito de presentar isomería.
Frases feitas
-
En especie. Que se paga con mercador
-
Unha especie de. Unha cousa parecida a outra coa que se compara. Ex: Esta torta