esponxa

esponxa

lat spongĭa gr σπογγιά

Plural: esponxas
  1. s f [ANIMAL ]

    Nome que recibe calquera animal pertencente ao subtipo dos poríferos.

  2. s f
    1. Masa porosa e elástica de fibras córneas entrelazadas que forma o esqueleto interno dos poríferos. Ten a propiedade de absorber a auga e deixala ir facilmente ao exercer unha presión sobre ela.

    2. Peza de substancia esponxosa artificial que se emprega na hixiene humana e para a limpeza doméstica.