"uru" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 137.

    1. Relativo ou pertencente aos catártidos.

    2. Ave da subfamilia dos catártidos.

    3. Subfamilia de aves da orde dos ciconiformes, composta por individuos que presentan moita axilidade no voo e torpeza nos seus movementos en terra. Son moi semellantes aos voitres e as especies máis representativas son a aura, o cóndor e o urubu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave insectívora da familia dos apódidos, de ás longas e estreitas con forma de fociño, peteiro curto e ancho e patas curtas, cuxa plumaxe é parda ou negra, coa gorxa branca, e a cola é gallada e curta.

    2. Ave da familia dos hemiprócnidos, de plumaxe cinsenta e cabeza riscada de branco, cunha curupela que desprega.

    3. Ave da familia dos apódidos, coa mitra de cor branca.

    4. Ave da familia dos apódidos, coa plumaxe marrón escura, que forma colonias en gretas de edificios altos ou cantís naturais.

    5. Ave da familia dos apódidos, coa gorxa e o ventre brancos e cunha franxa pectoral castaña, igual ca o resto do corpo.

    6. Ave da familia dos apódidos, de cor castaña clara e gorxa branca, que aniña na área circunmediterránea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ornamento en forma de círculo que se axusta á cabeza como sinal de autoridade ou como recompensa dunha vitoria, militar ou cívica.

      1. Círculo de metal adornado de diferentes elementos que se cingue á cabeza como símbolo de dignidade soberana ou nobiliaria.

      2. Coroa romana que se entregaba a quen entraba no campo inimigo.

      3. Coroa de pólas de aciñeira coa que se recompensaba o cidadán romano que salvaba a vida doutro na guerra.

      4. Coroa que, por escarnio, os soldados romanos cinguiron a Xesús como rei dos xudeus.

      5. Coroa que se concedía aos vencedores dos xogos olímpicos.

      6. Coroa romana que se lle concedía ao xeneral vitorioso ao entrar en Roma.

      1. Institución que ten como insignia unha coroa, particularmente a real.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ave do xénero Corvus, da familia dos córvidos, de aspecto groso, peteiro forte, máis longo ca o resto da cabeza, e plumaxe negra con irisacións. Aliméntase de pequenos animais ou de sementes e froitos, emite voces graves e forma parella de por vida.

      2. Corvo de cola de bordo recto, amplamente distribuído pola rexión paleártica. Existen tres subespecies que se diferencian principalmente pola cor do ventre.

      3. Corvo de plumaxe totalmente negra e coa cola en forma de cuña.

      1. Ave acuática, da familia dos falacrocóridos, que presenta plumaxe negra brillante, pescozo longo, cunha pequena bolsa na gorxa moi vascularizada, que empregan para termorregularse, e as patas en posición moi atrasada e con membranas interdixitais. Viven en augas continentais ou no litoral mariño.

      2. Ave acuática, da familia dos falacrocorácidos, que presenta unha pequena curupela.

      3. Ave acuática, da familia dos falacrocorácidos, que presenta o queixo e as meixelas de cor branca.

      4. Ave acuática, da familia dos falacrocorácidos, que presenta cabeza redonda e o peteiro non moi longo e escuro, pescozo máis curto ca outros corvos mariños e cola longa.

    1. cornizó.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave dos xéneros Galerida e Lullula, da familia dos aláudidos, que se caracteriza por presentar curupela, peteiro fino e algo longo e plumaxe de cor predominantemente parda manchada.

    2. Ave de plumaxe ocre, co peteiro longo e fino e os tarsos libres de plumas, que se alimenta fundamentalmente de invertebrados do chan.

    3. Ave de peteiro fino e recto, coa plumaxe críptica e cunha franxa branca na á a xeito de bandeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave que pertence aos xéneros Clamator, Coccyzus e Cuculus, da familia dos cucúlidos, de cola grácil e ás longas, con dous dedos cara adiante e dous cara a atrás.

    2. Ave, de cabeza, peito e partes superiores cinsentas, que presenta unha distribución paleártica.

    3. Ave que presenta unha curupela e as partes superiores de cor acastañada.

    VER O DETALLE DO TERMO