choiva

choiva
Plural: choivas
s f [METEOR ]

chuvia.

Refráns

  • A auga de abril enche o carro e o carril.
  • A auga de febreiro derrama o viño.
  • A auga de febreiro fai o lameiro.
  • A auga de febreiro ten para os campos tempero. e a auga de maio teno para todo o ano.
  • A auga de maio inda carga o carro.
  • A auga de san Xoán leva o viño e tolle o pan.
  • A auga de san Xoán tolle o viño e non dá pan.
  • A auga de xaneiro mata o usureiro.
  • A auga o dou e a auga o levou.
  • A auga todo o leva.
  • A chuvia de febreiro fai o palleiro.
  • A chuvia na eira non fai malladoiro.
  • A chuvia na semana da Ascensión leva o centeo e deixa o relón.
  • A chuvia no mes de agosto non é chuvia que é mosto / que é mel e mosto.
  • Abellas revoltas, tempestades ás voltas.
  • Abril augas mil, escoadas por un mandil.
  • Abril augas mil, peneiradas nun candil.
  • Abril augas mil, se non ao comezo, ao medio ou á fin.
  • Abril chove para as xentes e maio para as bestas.
  • Abril chovedeiro enche o cabaceiro.
  • Abril frío e mallado enche o celeiro e farta o gado.
  • Abril mallado, malo na harta e bo no campo.
  • Abril que non chove deixa o labrego pobre.
  • Abril quente e mallado, carga o carro e engorda o gado.
  • Abril, p"ara ser abril, ten que vir con augas mil.
  • Aire de Lugo, auga no puño.
  • Andoriña que alta voa, non teme que chova.
  • Andoriña que voa a rentes da terra chuvia venta.
  • Ano de chuvias, poucas madrugas.
  • As augas de abril cargan o carro e o carril.
  • Auga á mañanciña, tormenta á tardiña.
  • Auga criadora, cando máis chora.
  • Auga de abril e xeada de maio aseguran o ano.
  • Auga de abril e xeada de maio, herba para todo o ano.
  • Auga de abril, molla o carro, molla a leira e molla o carril.
  • Auga de agosto, mel e mosto.
  • Auga de febreiro enche o cabaceiro.
  • Auga de febreiro fai palleiro.
  • Auga de maio trae mal ano.
  • Auga de maio, pan para todo o ano.
  • Auga de maio, trae bo ano.
  • Auga de marzo, herbanzo.
  • Auga de marzo, peor lixo no pano.
  • Auga de mediodía, auga para todo o día.
  • Auga de outono mata o seu dono.
  • Auga de san Xoán tolle o viño e non dá pan.
  • Auga de trebón nunha parte dá; e noutra, non.
  • Auga de xaneiro ata a sega ten tempero.
  • Auga de xaneiro todo o ano ten tempereiro.
  • Auga de xaneiro, cada pinga vale diñeiro.
  • Auga e sol, para as froitas: lagarto; para as viñas, pulgón.
  • Auga en febreiro, mellor que en xaneiro.
  • Auga en maio mata o porco dun ano.
  • Auga en maio quita a sama de todo o ano.
  • Auga en maio, pan para todo o ano.
  • Auga en maio, pan todo o ano.
  • Auga en outono non lle convén ao xornaleiro nio ao seu dono.
  • Auga enriba de auga non lixa nin lava.
  • Auga mañanceira non é duradeira.
  • Auga miúda, non é dura.
  • Auga miúda, vendaval que dura.
  • Auga non falte, que sol sobrará.
  • Auga por agosto, nin pan nin mosto.
  • Aurora roiba, ou vento ou choiva.
  • Bote Deus auga, que feito está onde caia.
  • Cada pingota de auga na sega vale un sapiño na terra.
  • Caia auga e veña maio, que xa ternos pan para o ano.
  • Cando a Candelaria chora a metade do inverno está fóra; se chora ou ri, o inverno está por vir, e, se chora ou fai vento, inda o inverno está dentro.
  • Cando a serra se pon de touca, temos auga, moita ou pouca.
  • Cando chove e fai sol, alegre está o pastor.
  • Cando chove e fai sol, colle o caracol.
  • Cando chove e fai sol, é tempo de requeixón.
  • Cando chove e fai sol, vai o demo para Ferrol, cargadiño d e alfileres para meterse coas mulleres.
  • Cando chove e fai vento, pecha a porta e estate dentro.
  • Cando chove moito, ha de escampar logo.
  • Cando chove o domingo antes da misa, toda a semana vai de risa.
  • Cando chove por agosto, chove mel e mosto.
  • Cando chove por febreiro, todo o ano é tempereiro / temporeiro.
  • Cando chove, chove; cando neva, neva; cando chove e fai vento, mal tempo.
  • Cando en marzo chove e en abril xía, quédase maio feito un ha criba.
  • Cando fai sol e chove, é tempo de paga-las débedas.
  • Cando hai auga e sol en marzo, aparella as cubas e o mazo.
  • Cando non chove en febreiro, non hai bo prado nin bo lameiro.
  • Cando non chove en febreiro, non ten o ano bo tempero.
  • Cando non chove en xaneiro, non hai bo prado nin bo lameiro.
  • Cando o domingo chove despois da misa, a semaniña enteira vaise de risa.
  • Cando o Pico Sagro pon capelo, meniñas da vila, poñede o mantelo.
  • Cando o sol madruga, é sinal de chuvia.
  • Cando por san Xurxo chove, de cen cereixas quedan nove.
  • Cando trona, ou chove ou quere chover.
  • Carcaxía, norte cría.
  • Carcaxía, polo norte pía.
  • Ceo aguado, herba no prado.
  • Ceo lastrado, agro mollado.
  • Choran as pedras do Xallo, temas orballo /ventan orballo.
  • Chova ou non chova, pan ha de haber de sobra.
  • Chova para min abril e maio e para ti todo o ano.
  • Chova para vós na roda do ano e non chova para min en abril e maio.
  • Chova por abril e maio e non chova en todo o ano.
  • Chova por abril e por maio e non chova en todo o ano.
  • Chova por abril e por maio e non chova na volta do ano.
  • Chuvia de abril non perdoa o carro nin o carril.
  • Chuvia de abril, rocío de maio.
  • Chuvia de san Cristovo co seu covo.
  • Chuvia de santa María coa súa regazadiña.
  • Chuvia en febreiro, bo prado e bo centeo.
  • Chuvia en maio, a mexadiña dun gato.
  • Chuvia en marzo, nin a mexadura dun gato / nin o mexo dun gato.
  • Chuvia mañanceira non é duradeira.
  • Chuvia na semana da Ascensión cría nos trigos mourón.
  • Chuvia na semana da Ascensión, nin boa faba nin bo melón.
  • Chuvia no mar e vento na ría, chuvia para todo o día.
  • Chuvia polo agosto é mel e mosto.
  • Chuvia por san Xoán tolle o viño e leva o pan.
  • Chuvia por Santa Lucía tolle a sardiña.
  • Co aire soán cata a auga na man, tanto no inverno coma no verán.
  • Corren as nubes para Lugo, auga no puño.
  • Curuxa tardega, auga noitega.
  • De abril a abril volven as augas por onde adoitaban vir.
  • Día de santa Lucía, enchente de auga ou de sardiña.
  • Dúas augas de abril e unha de maio valen os bois e o carro.
  • É sinal de boa anada cando o Nadal nada.
  • En abril cada pingueira de auga vale por mil.
  • En abril chuvias ir, chuvias vir.
  • En abril, augas mil; e en maio, tres ou catro.
  • En agosto está a auga tras do toxo.
  • En febreiro, por cada rego un caneiro.
  • En maio augas catro, e esas que cheguen ao barro.
  • En maio que chova ata entullarse o carro.
  • En marzo auga que non molle o rabo do gato.
  • En marzo cada pingueira quita un carto e en abril cada pingueira dá mil.
  • En marzo nin o rabo do gato mollado.
  • Falten augas mil e non falten en abril.
  • Febreiro o mexadeiro, cando na casa, cando no outeiro.
  • Maio me molla, maio me enxuga, maio me bota na sepultura.
  • Moita chuvia en xaneiro, mala anada no cabaceiro.
  • Moitas augas en maio traen mal ano.
  • Moitas augas non traen bágoas.
  • Nadal mollado e xaneiro ben xeado.
  • No abril cada pingota de auga vale por mil.
  • No abril, chuvia que encha o carro e o carril.
  • No ano que moito chove o labrego traballa máis que come.
  • Non chover nin ventear en santos e nadal.
  • O ano malo en auga vén nadando.
  • O circo da lúa o pastor enxuga / aos tres días non hai chuvia.
  • O dous de febreiro sube ao outeiro; se ves negrexar, ponte a cantar; se ves branquexar, bótate a chorar.
  • O que en maio se molla, en maio se enxuga.
  • Poeira en abril, lama en agosto.
  • Polo abril que veñan augas mil ou cantas queiran vir.
  • Se chove pola Ascensión, horta roín e trigo roeón.
  • Se maio chora, auga criadora.
  • Se non chove en febreiro, nin bo prado nin bo centeo nin bo lameiro.
  • Se o ano sae chorando, mal para as hortas e para os campos.
  • Se o domingo chove arredor da misa, pola semana adiante verás que risa.
  • Se o gato lava a cara, é que venta enchente de auga.
  • Se o Nadal nada, sinal de boa anada.
  • Se san Xoán chora, a silveira non dá moras.
  • Sempre houbo augas mil polo mes de abril.
  • Sol con auga non vale nada.
  • Sol con barbas, augas.
  • Sol e auga, tempo de leite callado.
  • Sol madrugadeiro, chuvia no quinteiro.
  • Sol na cidá, auga no nabal.
  • Unhas pingan e outras mollan.
  • Veña maio e veña pardo.
  • ¡Auga de maio, quítame a sarna que traio
  • ¡Ben veña abril coas súas augas mil
  • ¡Que chova, que chova, sexa dentro ou sexa fóra
  • ¡Vaite auga, vente sol polos campos de Ferrol

Palabras veciñas

choia choiar choio choiva chokeriano -na chola chola