cuco

cuco
Plural: cucos
  1. s m [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave que pertence aos xéneros Clamator, Coccyzus e Cuculus, da familia dos cucúlidos, de cola grácil e ás longas, con dous dedos cara adiante e dous cara a atrás.

  2. cuco común

    Ave, de cabeza, peito e partes superiores cinsentas, que presenta unha distribución paleártica.

  3. cuco papudo/real

    Ave que presenta unha curupela e as partes superiores de cor acastañada.

Refráns

  • Cando canta o cuco, logo vén o gran ao suco.
  • Dende que vén o cuco, fóra o "pulpo".
  • Desque chega o cuco, vén o pan ao suco.
  • Entre marzo e abril sae o cuco do cubil, pois coa neve non quere viro
  • Entre marzo e abril, se non veu o cuco, quere vir a fin.
  • Mentres canta o cuco, non comas raia nin "pulpo".
  • No abril di o cuco: vivo; e no maio: revivo.
  • No tempo do cuco á mañá me mollo e á tarde me enxugo.
  • O cuco no abril xa sae do cubil.
  • Ós comezos de abril o cuco ten que vir; e, se non volveu, ou prendérono ou morreu.
  • Se non viches o cuco a mediados de abril, ou morreu o cuco ou vai vir a fin.
  • Se non viches o cuco a mediados de abril, ou morreu o cueo ou quere vir a fin.