cirrio

cirrio
Plural: cirrios
  1. s m [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave insectívora da familia dos apódidos, de ás longas e estreitas con forma de fociño, peteiro curto e ancho e patas curtas, cuxa plumaxe é parda ou negra, coa gorxa branca, e a cola é gallada e curta.

  2. cirrio arborícola [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave da familia dos hemiprócnidos, de plumaxe cinsenta e cabeza riscada de branco, cunha curupela que desprega.

  3. cirrio cafre [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave da familia dos apódidos, coa mitra de cor branca.

  4. cirrio común [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave da familia dos apódidos, coa plumaxe marrón escura, que forma colonias en gretas de edificios altos ou cantís naturais.

  5. cirrio grande [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave da familia dos apódidos, coa gorxa e o ventre brancos e cunha franxa pectoral castaña, igual ca o resto do corpo.

  6. cirrio pálido [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave da familia dos apódidos, de cor castaña clara e gorxa branca, que aniña na área circunmediterránea.

Formas incorrectas

vencello (ave)

Palabras veciñas

cirolo cirrichar cirriforme cirrio cirrípede cirro cirro