corvo

corvo

lat corvu

Plural: corvos
    1. s

      Ave do xénero Corvus, da familia dos córvidos, de aspecto groso, peteiro forte, máis longo ca o resto da cabeza, e plumaxe negra con irisacións. Aliméntase de pequenos animais ou de sementes e froitos, emite voces graves e forma parella de por vida.

    2. corvo común [Corvus corone]

      Corvo de cola de bordo recto, amplamente distribuído pola rexión paleártica. Existen tres subespecies que se diferencian principalmente pola cor do ventre.

    3. corvo grande [Corvus corax]

      Corvo de plumaxe totalmente negra e coa cola en forma de cuña.

    1. corvo mariño

      Ave acuática, da familia dos falacrocóridos, que presenta plumaxe negra brillante, pescozo longo, cunha pequena bolsa na gorxa moi vascularizada, que empregan para termorregularse, e as patas en posición moi atrasada e con membranas interdixitais. Viven en augas continentais ou no litoral mariño.

    2. corvo mariño cristado [Phalacrocorax aristotelis]

      Ave acuática, da familia dos falacrocorácidos, que presenta unha pequena curupela.

    3. corvo mariño grande [Phalacrocorax carbo]

      Ave acuática, da familia dos falacrocorácidos, que presenta o queixo e as meixelas de cor branca.

    4. corvo mariño pequeno [Phalacrocorax pygmeus]

      Ave acuática, da familia dos falacrocorácidos, que presenta cabeza redonda e o peteiro non moi longo e escuro, pescozo máis curto ca outros corvos mariños e cola longa.

  1. gran de corvo [FUNGO ]

    cornizó.

Refráns

  • Corvos en bandada, ou sombra ou preada.
  • Cría corvos e tiraranche os ollos.
  • Despois de vendimas, corvos.
  • Os corvos en bandada ventan presada.

Palabras veciñas

corveta córvido -da corvina corvo corza corzo -za cos