"big" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 69.

    1. Estado prolongado de oposición ou contenda entre persoas ou cousas.

    2. Situación dada por unha discordancia entre as tendencias e os intereses ou imposicións externas.

    3. Situación que se produce no proceso de adquisición de novos coñecementos, se os coñecementos previos do alumno entran en contradición coas novas informacións que se quere integrar na súa estrutura cognoscitiva.

    4. Controversia que se orixina cando dous entes pertencentes ás ordes civil, penal, contencioso-administrativa ou social, e dotados de personalidade xurídica, se consideran competentes nun asunto ou declinan as súas atribucións na materia.

    5. Controversia orixinada pola concorrencia de dúas ou máis normas xurídicas na regulación dun feito concreto.

    6. Situación que se produce como consecuencia da alteración provocada no desenvolvemento ou na extinción dunha relación laboral.

    7. Coincidencia e oposición de dúas palabras, como resultado de ambigüidades contextuais.

    8. Situación de desequilibrio que se produce entre dous grupos lingüísticos cando entran en contacto.

    9. Elemento fundamental da vida que ten lugar no ámbito social e que reflicte unha peculiar forma de relación que se manifesta de formas diferentes, aínda que case sempre normalizadas, como enfrontamentos, tensións, oposicións ou loitas entre persoas, grupos, organizacións ou estados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade das cousas que se asemellan ou teñen outra como referente.

      1. Feito de estar conforme coa opinión doutra persoa.

      2. Expresión desa aprobación.

    2. Relación entre dous estratos, pisos ou series, que se dispoñen paralelamente un detrás do outro, sen que haxa ningún tipo de interrupción na sedimentación.

    3. Aceptación, por parte dos membros dunha comunidade, das normas que prevalecen nesta nun momento dado, impostas ou mantidas polo grupo social dominante.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Corda delgada que se emprega como adorno ou para atar certas cousas.

      2. Corda que levan cinguida á cintura os frades dalgunhas ordes relixiosas.

      3. Corda de ouro ou prata a xeito de banda que forma parte dalgúns uniformes ou constitúe unha condecoración.

    1. Conxunto de persoas colocadas ao longo dunha liña para impedir o paso.

    2. Cable constituído por un ou máis condutores flexibles, illados e protexidos por unha funda tamén flexible.

    3. Moldura decorativa en forma de toro ou bocel, lisa ou acanalada, que ten un desenvolvemento en espiral semellante a unha corda.

    4. Conxunto formado polo conduto deferente, as arterias espermática, funicular e deferencial, as veas testiculares, os vasos linfáticos e os nervios do testículo.

    5. Acumulación de areas grosas, coios e lama dispostos paralelamente na liña da costa.

    6. Cada unha das tres columnas de substancia branca da medula espiñal.

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento interpretativo que consiste na aclaración dos significados escuros que poida presentar unha palabra ou construción, por medio da súa contextualización.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que é dúas veces maior en número ou intensidade.

      2. Que contén dúas veces a medida normal.

      3. Que ten capacidade para dúas persoas.

      1. Que está formado por dúas cousas iguais ou da mesma especie.

      2. Aplícase á ficha, no xogo do dominó, que ten o mesmo número de puntos en cada un dos lados en que se divide o anverso. Tm s m.

      3. Aplícase ao composto, ao sal, ao óxido ou ao hidróxido, que se compoñen de dous metais ou radicais diferentes.

      4. Característica da linguaxe humana de dividirse en unidades cada vez máis elementais.

      5. Formato publicitario que se emprega en medios impresos que consiste na utilización de dúas páxinas consecutivas para anunciar un determinado produto ou servizo.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Marca arredondada e engurrada presente na zona central do ventre dos mamíferos que deixa a sección do cordón umbilical tras o nacemento.

    2. Espazo central deprimido que presentan as cunchas dos gasterópodos.

    3. Centro dalgunha cousa.

    4. 1 couselo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • enda que se lles pon aos nenos para protexer o abdome mentres seca o cordón umbilical.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Maneira de ser, de estar ou de atoparse nun momento dado, alguén ou algo.

      1. Maneira de ser, de presentarse ou de existir un sistema material. O estado dun sistema defínese por un número determinado de magnitudes físicas expresables cuantitativamente, chamadas variables ou funcións de estado.

      2. Expresión analítica implícita que relaciona as propiedades físicas, a presión, o volume específico e o tempo.

      3. Estado dun sistema material segundo o grao de cohesión das moléculas que o forman. Segundo o estado de agregación, un sistema material pódese presentar en forma sólida, líquida e gasosa.

      1. Período dunha enfermidade no que os síntomas permanecen aproximadamente iguais.

      2. Estado caracterizado pola perda transitoria da consciencia e o mantemento da capacidade para efectuar involuntariamente accións que logo non se lembran.

      1. Entidade estable e permanente de carácter soberano, asentada sobre un territorio delimitado, habitada por unha determinada poboación e dotada dun poder político e xurídico institucionalizado. De acordo coa súa estrutura o estado unitario concentra nun único goberno central todas as competencias, que afectan por igual a todo o territorio; o federal recoñece o gozo de competencias de modo exclusivo a certas entidades dentro do propio Estado que dispoñen de atribucións lexislativas, executivas e xudiciais propias. Pola forma de goberno, distínguense a monarquía e a república e os réximes parlamentarios e presidencialistas.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enunciado que expresa unha forte emoción ou un xuízo afectivo e que pode non ter a estrutura dunha oración completa e reducirse a unha sinxela interxección.

    2. Signo de puntuación (!) que se emprega para intentar representar a entoación marcada que acompaña a modalización exclamativa e, ás veces, a desiderativa e a imperativa. OBS: É de uso obrigatorio ao final do enunciado, pero tamén se poderá usar ao inicio (¡)  para facilitar a lectura e evitar ambigüidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos félidos.

    2. Mamífero da familia dos félidos.

    3. Familia de mamíferos da orde dos carnívoros que presentan a cabeza arredondada, co fociño curto, ollos con pupilas que se contraen verticalmente, bigotes e barbas ben desenvolvidos, e lingua cuberta de papilas córneas. Na maior parte das especies as unllas son grandes, afiadas, curvadas e retráctiles. Presentan unha capacidade de audición e visión moi elevada.

    VER O DETALLE DO TERMO