conflito

conflito
Plural: conflitos
  1. s m

    Estado prolongado de oposición ou contenda entre persoas ou cousas.

  2. s m [PSIC ]

    Situación dada por unha discordancia entre as tendencias e os intereses ou imposicións externas.

  3. conflito cognoscitivo [PSIC/PEDAG ]

    Situación que se produce no proceso de adquisición de novos coñecementos, se os coñecementos previos do alumno entran en contradición coas novas informacións que se quere integrar na súa estrutura cognoscitiva.

  4. conflito de competencia [DER ]

    Controversia que se orixina cando dous entes pertencentes ás ordes civil, penal, contencioso-administrativa ou social, e dotados de personalidade xurídica, se consideran competentes nun asunto ou declinan as súas atribucións na materia.

  5. conflito de leis [DER ]

    Controversia orixinada pola concorrencia de dúas ou máis normas xurídicas na regulación dun feito concreto.

  6. conflito de traballo [DER ]

    Situación que se produce como consecuencia da alteración provocada no desenvolvemento ou na extinción dunha relación laboral.

  7. conflito homonímico [LING ]

    Coincidencia e oposición de dúas palabras, como resultado de ambigüidades contextuais.

  8. conflito lingüístico [LING ]

    Situación de desequilibrio que se produce entre dous grupos lingüísticos cando entran en contacto.

  9. conflito social [SOCIOL/EDUC ]

    Elemento fundamental da vida que ten lugar no ámbito social e que reflicte unha peculiar forma de relación que se manifesta de formas diferentes, aínda que case sempre normalizadas, como enfrontamentos, tensións, oposicións ou loitas entre persoas, grupos, organizacións ou estados.

Formas incorrectas

conflicto