cordón

cordón

fr cordon

Plural: cordóns
  1. s m
    1. Corda delgada que se emprega como adorno ou para atar certas cousas.

    2. Corda que levan cinguida á cintura os frades dalgunhas ordes relixiosas.

    3. Corda de ouro ou prata a xeito de banda que forma parte dalgúns uniformes ou constitúe unha condecoración.

  2. s m

    Conxunto de persoas colocadas ao longo dunha liña para impedir o paso.

  3. s m [TECNOL ]

    Cable constituído por un ou máis condutores flexibles, illados e protexidos por unha funda tamén flexible.

  4. s m [ARQUIT ]

    Moldura decorativa en forma de toro ou bocel, lisa ou acanalada, que ten un desenvolvemento en espiral semellante a unha corda.

  5. cordón espermático [ZOOL ]

    Conxunto formado polo conduto deferente, as arterias espermática, funicular e deferencial, as veas testiculares, os vasos linfáticos e os nervios do testículo.

  6. cordón litoral [XEOG ]

    Acumulación de areas grosas, coios e lama dispostos paralelamente na liña da costa.

  7. cordón medular [ZOOL ]

    Cada unha das tres columnas de substancia branca da medula espiñal.

  8. cordón umbilical [ZOOL ]

    Cordón flexible que une o embigo do feto coa placenta da nai e que está constituído basicamente polas dúas arterias umbilicais e pola vea umbilical.

  9. cordón sanitario [MED ]

    Conxunto de medidas hixiénicas e sanitarias que se aplican nunha rexión determinada para delimitar a extensión dunha epidemia e impedir que se transmita ao exterior.

Sinónimos

Confrontacións

amalló, amalloa, cordel

Citas

  • Aínda que era moi cativa xa sabía atar os cordóns dos zapatos
  • O cordón do frade tiña uns fermosos adornos nos dous extremos
  • Un cordón policial impedía cruzar a praza