"Gaci" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 492.

    1. Que impide a propagación do son.

    2. Zona da alta atmosfera, a partir de 150 km de altitude, en que, por causa da excesiva separación das moléculas, se fai imposible a propagación do son.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exame das partes constituíntes dun todo, separadamente ou en relación a aquel.

    2. Estudo esmerado e coidadoso dun escrito, discurso, teoría ou calquera outro complexo discursivo.

    3. Descomposición dunha imaxe nunha serie de puntos mediante un analizador.

    4. Proceso de investigación que consiste tanto na redución dun composto nas súas partes simples, como na regresión, realizada mediante procesos de razoamento, dirixida aos fundamentos dunha proposición que se intenta probar ou na procura de estruturas subxacentes ao obxecto de estudo que se propón.

    5. Expresión de termos nunha ecuación de movemento que se realiza por medio de enerxías de cantidades non dimensionais.

    6. Determinación dos seres vivos contidos no solo que permite estimar a fertilidade do solo estudado.

    7. Análise da composición, das propiedades, do valor alimenticio, da conservación e do estado químico e sanitario dos produtos naturais ou artificiais destinados á alimentación humana ou animal.

    8. Análise de sangue, de ouriños ou doutros líquidos e produtos da secreción corporal.

    9. Eido das matemáticas destinado á resolución de problemas que consisten en escoller e colocar os elementos dos conxuntos, habitualmente finitos, de acordo cunhas certas leis ben establecidas. OBS: Tamén se denomina de teoría combinatoria.

    10. Análise non baseada en medidas precisas e supostos cuantitativos.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que realiza análises con carácter profesional. Tm s.

    2. Especialista na análise do contido dun documento, especialmente na confección de resumos e na indexación.

    3. Economista especializado na investigación do funcionamento das empresas para deducir conclusións sobre a súa marcha futura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recordo que, segundo a teoría da reminiscencia de Platón, ten a alma do mundo das ideas.

    2. Proceso que consiste na lembranza de ideas, persoas ou sucesos a partir dalgún estímulo.

    3. Indagación dos antecedentes propios e familiares dun paciente con vistas á diagnose.

    4. Retorno á memoria das ideas dos obxectos esquecidos.

    5. Oración da misa que normalmente vai despois da consagración, en que se fai lembranza do Señor e dos misterios da súa vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica ao estudo e á investigación dentro do campo da anatomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rexión do plano limitada por dúas semirrectas de orixe común. A unidade habitual para medilo é o grao sesaxesimal.

    2. Ángulo menor ca o recto.

    3. Rexión do espazo obtida como intersección de dous semiespazos.

    4. Ángulo que ten o vértice no centro dunha circunferencia e ten como lados dous raios.

    5. Ángulo maior ca o recto.

    6. Ángulo que ten os lados formando unha soa recta.

    7. Ángulo sólido formado pola intersección de tres ou máis semiespazos determinados por planos que teñen un punto común.

    8. Ángulo que ten os lados perpendiculares.

    9. Dous ángulos contidos no mesmo plano que teñen o mesmo vértice e situados aos dous lados dunha semirrecta que lles fai de costado común.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ser microscópico que observou Antoine van Leeuwenhoek ao longo da súa investigación.

    2. Animal visible só no microscopio.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Intervalo de tempo, segundo a hipótese aparente, comprendido entre dúas pasadas consecutivas do Sol polo mesmo punto da eclíptica, que corresponde, segundo a hipótese real, á duración dunha revolución da Terra arredor do Sol.

      2. Intervalo de tempo que, segundo a hipótese aparente, transcorre entre dúas pasadas consecutivas do Sol polo perixeo. Equivale a 365,2596 días civís.

      3. Calquera dos intervalos cos que se mide a órbita de translación da Terra por oposición a ano civil.

      4. Unidade usada en astronomía que equivale á lonxitude que percorre a luz nun ano.

      5. Ano solar, en relación coa sucesión das estacións e por oposición a ano civil.

      6. Intervalo de tempo en que o Sol percorre os 360° da eclíptica ou ben o intervalo de tempo comprendido entre dúas pasadas consecutivas do Sol polo círculo horario dunha mesma estrela. A súa duración é de 365,256 días.

      7. Intervalo de tempo comprendido entre dúas pasadas do Sol polo primeiro punto de Aries.

      1. Unidade de medida do tempo, que corresponde aproximadamente ao ano solar ou trópico.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se opón á navegación aérea ou aos ataques da aviación.

    2. Aplícase á arma destinada á defensa contra a aviación desde a terra ou desde unha nave.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que impide a agregación.

    2. Substancia que impide a agregabilidade das plaquetas.

    VER O DETALLE DO TERMO