análise

análise

gr ἀ νάλυσις

Plural: análises
  1. s f

    Exame das partes constituíntes dun todo, separadamente ou en relación a aquel.

  2. s f

    Estudo esmerado e coidadoso dun escrito, discurso, teoría ou calquera outro complexo discursivo.

  3. s f [IMAX ]

    Descomposición dunha imaxe nunha serie de puntos mediante un analizador.

  4. s f [FILOS ]

    Proceso de investigación que consiste tanto na redución dun composto nas súas partes simples, como na regresión, realizada mediante procesos de razoamento, dirixida aos fundamentos dunha proposición que se intenta probar ou na procura de estruturas subxacentes ao obxecto de estudo que se propón.

  5. análise adimensional [FÍS ]

    Expresión de termos nunha ecuación de movemento que se realiza por medio de enerxías de cantidades non dimensionais.

  6. análise biolóxica [XEOL/BIOL ]

    Determinación dos seres vivos contidos no solo que permite estimar a fertilidade do solo estudado.

  7. análise bromatolóxica [ALIM ]

    Análise da composición, das propiedades, do valor alimenticio, da conservación e do estado químico e sanitario dos produtos naturais ou artificiais destinados á alimentación humana ou animal.

  8. análise clínica [MED ]

    Análise de sangue, de ouriños ou doutros líquidos e produtos da secreción corporal.

  9. análise combinatoria [MAT ]

    Eido das matemáticas destinado á resolución de problemas que consisten en escoller e colocar os elementos dos conxuntos, habitualmente finitos, de acordo cunhas certas leis ben establecidas. OBS: Tamén se denomina de teoría combinatoria.

  10. análise cualitativa [QUÍM ]

    Análise non baseada en medidas precisas e supostos cuantitativos.

  11. análise cuantitativa [QUÍM ]

    Análise baseada en medidas precisas.

  12. análise de agregados [ARQUEOL ]

    Proceso de análise que se realiza sobre un conxunto homoxéneo de materiais e restos arqueolóxicos.

  13. análise de custos [ECON ]

    Conxunto de métodos que se empregan en economía da empresa para establecer os diferentes custos xerados nun proceso económico produtivo. OBS: Tamén se denomina análise custo-beneficio.

  14. análise de impacto ambiental [ECOL/ARQUEOL ]

    Conxunto de estudos orientados a determinar a degradación ambiental que pode xerar un proxecto de obra pública de envergadura.

  15. análise de mercado [ECON ]

    Recollida e valoración de datos relativos aos atributos pasados, presentes e futuros dos consumidores potenciais dun produto ou servizo.

  16. análise demográfica [DEMOG ]

    Método de observación crítica do proceso demográfico dunha poboación concreta que se establece pola información estatística.

  17. análise de ouriños [MED ]

    Probas físico-químicas e microscópicas que se realizan para detectar ou prever determinadas patoloxías e para a confirmación de embarazos.

  18. análise de regresión [MAT ]

    Técnica que reflicte o que varía unha variable dependente como promedio por cada unidade da independente, mantendo constante a incidencia do resto.

  19. análise didáctica [PSIC ]

    Psicanálise á que se somete aquel quen quere dedicarse á profesión de psicanalista.

  20. análise dimensional [FÍS ]

    Técnica lóxica que se emprega no estudo de fenómenos físicos, baseada en que cada variable física pode expresarse como o produto das magnitudes escollidas como fundamentais.

  21. análise do tempo [METEOR ]

    Estudo dos datos dun mapa do tempo co fin de localizar as masas de aire e as frontes que as separan mediante o trazado de isóbaras.

  22. análise económico-financeira [ECON ]

    Estudo sistemático dos datos e as informacións dunha empresa, un sector ou un organismo, co fin de formularlle a diagnose da situación e das perspectivas.

  23. análise espectral [ASTRON/FÍS ]

    Estudo da composición química e das condicións físicas das estrelas e doutros corpos celestes mediante a análise do espectro da radiación que emiten.

  24. análise factorial [PSIC ]

    Técnica matemática, empregada na investigación experimental psicolóxica e pedagóxica, que se basea na teoría das correlacións e que trata de manifestar o grao de variabilidade común que existe nun certo campo de fenómenos.

  25. análise funcional [MAT ]

    Estudo de espazos vectoriais topolóxicos, onde os seus elementos son funcións.

  26. análise gramatical [LING ]

    Análise baseada na identificación dos membros dunha frase e da función sintáctica que exercen, e a asignación de cada palabra a unha clase determinada.

  27. análise harmónica [MAT ]

    Representación de funcións mediante sumas e desenvolvementos en serie dalgunhas funcións elementais que permite obter expresións sinxelas aproximadas das funcións e deducir propiedades xerais a partir das propiedades particulares daquelas funcións elementais.

  28. análise isentrópica [METEOR ]

    Exame e discusión dos datos dunha carta isentrópica co fin de elaborar unha previsión meteorolóxica.

  29. análise matemática [MAT ]

    Parte das matemáticas construída sobre os conceptos básicos de función, límite, continuidade, derivada e integral.

  30. análise multivariante [MAT ]

    Estudo de variables aleatorias que son multidimensionais. Distínguese entre análise multivariante da dependencia, en que hai unha ou varias variables dependentes, e análise multivariante da interdependencia, en que todas as variables son interdependentes.

  31. análise química [QUÍM ]

    Parte da química que inclúe as técnicas e os métodos necesarios para obter o coñecemento da composición, identidade, pureza e constitución da materia, en función da clase (análise cualitativa), a cantidade (análise cuantitativa) e a maneira de agruparse os átomos e moléculas.

  32. análise sensorial [ALIM ]

    aloración organoléptica.

  33. análise vectorial [MAT ]

    Extensión ás magnitudes vectoriais das operacións da análise, mediante a definición de operadores vectoriais diferenciais e integrais.

Citas

  • Fixeron unha análise de mercado da súa empresa
  • O tribunal fixo a análise do seu exame e acordou darlle a máxima puntuación