ano

ano

lat annu

Plural: anos
    1. s [CRON ]

      Intervalo de tempo, segundo a hipótese aparente, comprendido entre dúas pasadas consecutivas do Sol polo mesmo punto da eclíptica, que corresponde, segundo a hipótese real, á duración dunha revolución da Terra arredor do Sol.

    2. ano anomalístico

      Intervalo de tempo que, segundo a hipótese aparente, transcorre entre dúas pasadas consecutivas do Sol polo perixeo. Equivale a 365,2596 días civís.

    3. ano astronómico

      Calquera dos intervalos cos que se mide a órbita de translación da Terra por oposición a ano civil.

    4. ano luz

      Unidade usada en astronomía que equivale á lonxitude que percorre a luz nun ano.

    5. ano natural

      Ano solar, en relación coa sucesión das estacións e por oposición a ano civil.

    6. ano sideral

      Intervalo de tempo en que o Sol percorre os 360° da eclíptica ou ben o intervalo de tempo comprendido entre dúas pasadas consecutivas do Sol polo círculo horario dunha mesma estrela. A súa duración é de 365,256 días.

    7. ano trópico/solar

      Intervalo de tempo comprendido entre dúas pasadas do Sol polo primeiro punto de Aries.

    1. s

      Unidade de medida do tempo, que corresponde aproximadamente ao ano solar ou trópico.

    2. ano bisesto

      Ano civil que consta de 366 días civís.

    3. ano civil

      Ano formado por un número enteiro de días civís: 365 se é común ou 366 se é bisesto.

    4. ano lunar

      Ano civil baseado no mes sinódico ou lunación que ten unha duración de 354,36 días civís.

    5. ano luni-solar

      Ano civil baseado ao mesmo tempo no mes sinódico e no ano trópico.

    1. s

      Período de tempo que abrangue desde o 1 de xaneiro ao 31 de decembro, e este período considerado, non dunha maneira absoluta, senón con relación aos feitos que se desenvolven e con relación aos anos precedentes e sucesivos.

    2. ano do Señor/de graza

      Ano da era cristiá, contado a partir do nacemento de Xesús Cristo.

    3. ano novo

      aninovo.

    1. s

      Período de doce meses durante o que se desenvolve unha determinada actividade.

    2. ano académico [PEDAG ]

      Período comprendido entre o comezo de dous cursos escolares consecutivos.

    3. ano económico [ECON ]

      Período de vixencia do orzamento do estado.

    4. ano fiscal / [DER/ECON ]

      Período durante o que se poden executar legalmente as obrigacións tributarias.

    5. ano sabático [PEDAG ]

      Curso ou semestre que nos países de cultura anglosaxona se concedía cada seis ou sete anos a un profesor para dedicalo aos seus estudos ou á investigación, eximíndoo do ensino.

    6. ano santo/xubilar [RELIX ]

      Ano durante o que todos os católicos poden gañar o xubileu ou indulxencia plenaria cumprindo coa peregrinación, confesión e comuñón.

    7. ano xudicial [DER ]

      Período, xeralmente do 1 de setembro dun ano ao 31 de xullo do ano seguinte, durante o que se desenvolven os traballos normais dos tribunais e órganos da administración de xustiza.

  1. s m

    Ciclo do traballo agrícola con relación aos factores meteorolóxicos ou á colleita producida.

  2. s m

    Cada un dos círculos que aparecen no toro dunha árbore correspondentes ao crecemento anual.

  3. s m pl

    Tempo vivido por unha persoa.

Citas

  • Apunteime este ano completo a clases de aeróbic
  • Cumpriu anos o pasado catro de febreiro
  • Hai moitos anos que vivo aquí, Anos hai que o vin
  • ¿Cando fas os anos? O 25 de febreiro

Frases feitas

  • Sacarse anos. Declarar ter menos anos de idade c

  • Home de anos. Persoa que xa chegou

  • Por moitos anos. Expresi

Refráns

  • Ano acabado e porco cebado son contento e regalo.
  • Ano de saltón, ano de perdigón.
  • Ano dereito, dá herba o barbeito.
  • Ano hortelán, máis palla que gran.
  • Ano tardeiro vale máis que baleiro.
  • Cal o ano, tal o xerro.
  • Cando o ano entra en domingo, vende os bois e merca millo.
  • Non me leves, ano, que eu te irei alcanzando.
  • Ó cabo do ano todos na conta estamo s.I