anamnese

anamnese

gr ἀ νάμνησιs ‘lembranza’

Plural: anamneses
  1. s f [FILOS ]

    Recordo que, segundo a teoría da reminiscencia de Platón, ten a alma do mundo das ideas.

  2. s f [LIT ]

    Proceso que consiste na lembranza de ideas, persoas ou sucesos a partir dalgún estímulo.

  3. s f [MED ]

    Indagación dos antecedentes propios e familiares dun paciente con vistas á diagnose.

  4. s f [PSIC ]

    Retorno á memoria das ideas dos obxectos esquecidos.

  5. s f [RELIX ]

    Oración da misa que normalmente vai despois da consagración, en que se fai lembranza do Señor e dos misterios da súa vida.