"AIX" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1647.

  • Identificación ou determinación cuantitativa ou cualitativa do efecto dunha substancia nun sistema biolóxico ou nun ser vivo baixo condicións controladas, por comparación cos efectos da mesma ou doutra substancia similar estudada previamente nun sistema biolóxico estándar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de recuperación de metais a partir de minerais de baixa riqueza, en que se empregan microorganismos que axudan directa ou indirectamente á extracción e concentración deles. OBS: Tamén se denomina lixiviación microbiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falar en voz baixiña só para quen está moi próximo, de xeito que os demais só perciben os sons sibilantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de roupa interior, de tea fina, que usan as mulleres por baixo do vestido.

    2. Feixe de filamentos, propios de moitos moluscos lamelibranquios que fixan o animal a unha base, de maneira temporal ou definitiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caixa, xeralmente de madeira e con forma cilíndrica, fixada na cuberta do barco e preto do temón, que contén a agulla de bitácora na parte superior, e no interior ten os imáns correctores da desviación.

    2. Agulla náutica con imáns e esferas compensadoras da desviación magnética.

    3. Libro de a bordo que leva o temoeiro e en que se anotan a dirección e forza do vento, o estado do mar, os faros de sinalización, o rumbo e a hora.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos insectos da familia dos blátidos.

    2. Insecto da familia dos blátidos.

    3. Familia de insectos pterigotos da orde dos dictiópteros, de corpo deprimido e cabeza parcialmente oculta baixo o prototórax, grande e con forma de escudo. Pertencen a esta familia as cascudas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cilindro que serve para levar enrolado un cable ou calquera outro tipo de fío semellante.

    2. Rolo de película liado a un aparato composto por un cilindro central e dous discos laterais.

    3. Dispositivo formado por un condutor eléctrico illado e enrolado, destinado a crear un campo magnético ao pasar por el unha corrente eléctrica.

    4. Aparato constituído por dúas bobinas encaixadas.

    5. Presentación industrial do papel e o celofán en forma de banda continua.

    6. Bobina de indutancia que xera o campo magnético que desvía o feixe de electróns nun tubo de imaxe de televisión.

    7. Transformador de tensión que se emprega nos motores de acendido por chispa.

    8. Bobina de reactancia que se coloca entre o neutro do transformador e a terra para evitar os arcos causados por contactos intermitentes entre un condutor e a terra.

    9. Transformador semellante a unha bobina de indución que produce correntes de alta frecuencia e de tensión elevada.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Orificio do comezo do tracto dixestivo ou da cavidade dixestiva que presentan a inmensa maioría dos animais.

      2. Estrutura en forma de cavidade, aberta inmediatamente despois do orificio bucal e en conexión co tubo dixestivo, que posúen moitos animais.

      3. Método de respiración artificial que consiste basicamente en inducir a respiración do paciente expirando fortemente na súa boca.

    1. Labios como parte da cara.

      1. Abertura que comunica a parte exterior coa interior dalgunha cousa.

      2. Abertura dun zapón.

      3. Abertura que teñen na táboa harmónica os instrumentos de corda da familia dos laúdes.

      4. Abertura entre dúas partes fixas ou móbiles dunha ferramenta ou dun instrumento.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Costa non moi pronunciada que baixa ata un val próximo ao mar ou a un río.

    2. Zona xeográfica comprendida entre unha ribeira do mar ou do río e unha montaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terreo baixo e pantanoso.

    VER O DETALLE DO TERMO